Ciclos, FP Básica, Grao Medio, Grao Superior, FP DUAL, XVEC, COIN, ACFIS, Transporte, Márketing, COPAL, XVECD

Ángela Martínez: unha emprendedora de éxito

Ángela Martínez vén de ser galardonada pola Xunta e Fundamar por dous proxectos empresariais: un certro de saúde mental e a fabricación de mobiliario con cunchas de bivalbo.

Aparece na fotografía do artigo publicado en Faro de Vigo xunto ás súas profesoras Pilar García e Yolanda Álvarez.

Foto Faro de Vigo

Primeiro premio na xornada do proxecto ESOPES/LAB

O pasado día 28 de xuño, tivo lugar a xornada final do proxecto ESOPES/LAB en Fundamar. Neste laboratorio de ideas emprendedoras onde xurden solucións para as necesidades e os retos do sector pesqueiro, a nosa alumna Ángela Martín Fernández, do Ciclo Superior de Comercio Internacional, acadou o 1º premio co seu proxecto de economía social "De Mytilo terrazo marino 100% gallego". Dende o IES A Guía queremos agradecer a Fundamar, e en especial, a Patricia e María por acompañar nos seus proxectos ao noso alumnado. Grazas!

Premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo en Comercio Internacional

Na derradeira semana de maio, o proxecto "Holística, Sociedade Cooperativa Galega", presentado polos alumnos Ángela Martín Fernández, Carolina A.R. e Isseu B. do 2º curso do Ciclo Superior de Comercio Internacional, acadou o premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo no Certame Cooperativismo no Ensino 2023, convocado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Os máis sinceros parabéns á alumna polo éxito acadado, e como non, á docente Pilar García, que titorizou o proxecto. 

Novo premio para o proxecto DEPOENXEBRE

O pasado 24 de maio, tivo lugar a entrega de premios do concurso ELEVAT-V en Ponferrada, onde o noso centro gañou o 1º premio co proxecto DEPOENXEBRE, realizado por tres alumnos do 2º curso do Ciclo Superior de Acondionamento Físico.

O concurso consistiu na elección do mellor vídeo de menos de 1 minuto explicando a idea de negocio como actividade do módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora, entre alumnos de FP. Nesta edición chegaron a fase final un total de 9 centros pertencentes a Castela e León, Cataluña e Galicia, destacando a gran calidade dos vídeos así como as ideas de negocio presentadas. O vídeo gañador feito polos alumnos Samuel I., Raúl R. e Rubén S. propón levar o deporte ás zonas rurais de Galicia, facendo actividades dirixidas para todas as idades, con especial focalización na 3ª idade, permitindo a socialización da zona e unha mellora da condición física e mental.

O premio, dotado con 300€, foi outorgado durante a cerimonia de entrega de diplomas e proxección dos vídeos (poden verse en www.elevatv.com). O concurso foi organizado por tres profesores de Formación e Orientación Laboral (FOL): Alejandro Bernardo de Quirós Sanz (CIFP Felipe VI de Segovia), José Alberto León Martín (IES Ramón y Cajal de Valladolid) e Marta Rodrigo García (IES A Guía de Vigo), contando coa colaboración da Fundación Empresa Familiar de Castela e León que financiou os premios.

Moitos parabéns!!!

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer