O pasado luns 5 de xuño, o alumnado de 2º de ESO do IES A Guía realizou unha visita á zona vella de Santiago de Compostela. Durante esta actividade desenvolvida polo departamento de Xeografía e Historia visitaron a catedral, onde poideron acceder ao tellados e a unha explicación da simboloxía do Pórtico da Gloria do mestre Mateo. Ademais, o departamento organizou unha gincana pola zona vella, tendo que investigar a historia da capital galega.
O pasado 22 de maio, o alumnado de 1º de ESO do IES A Guía participou no correlingua baixo o lema " na casa, na escola, bota a lingua fóra", unha actividade impulsada polo equipo de Normalización Lingüística coa colaboración do Concello de Vigo.
O venres 3 de xuño, o alumnado de 3º e 4º de ESO visitou as instalacións de Aula Newton no Parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas. A visita englóbase dentro das actividades do club de ciencia, grazas á colaboración dos departamentos de Educación Física (conceptos básicos de orientación), Matemáticas (cálculos e medidas de distancias e ángulos) e Física e Química (cálculos de velocidade e distancias) para trazar unha ruta de voo que logo levaron á práctica nun simulador.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer