O alumnado dos ciclos formativos de: 1º e 2º de Comercialización de Productos Alimentarios, 2º de Márketing e Publicidade e de 2º de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais - DUAL visitaron o pasado luns 14 de novembro a Feira Etiqueta Negra celebrada en Pontevedra. Trátase dun encontro onde profesionais do sector presentaron alimentos e bebidas de alta gama que se están a facer en Galicia, ademais dos procesos de innovación de productos, sabores e envases.
O mércores 2 de novembro, o alumnado do 2º curso do CS de Acondicionamento Físico asisitiu á actividade "Handy Gym", un xeito diferente de facer deporte, organizada polo Departamento de FOL (Formación e Orientación Laboral).
Este mércores 9 de novembro, o Departamento de FOL (Formación e Orientación Laboral) organizou grazas á colaboración da Asociación VODEA un taller de primeiros auxilios. Nesta formación participou o alumnado dos ciclos formativos de:
- Comercialización de Productos Alimentarios,
- Actividades Comerciais,
- Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e
-Comercio Internacional.
Dende o IES A Guía, queremos agradecer á Asociación VODEA a súa participación desinteresada nesta actividade. Grazas!
Este mércores 9 de novembro, o alumnado de 2º de FP Básica de Servizos Comerciais visitaron o Mercado de Teis, onde puideron coñecer de primeira man as bases do comercio local. Dende o IES A Guía queremos agradecer a acollida e facer posible esta visita, especialmente dende o departamento de Comercio e Márketing organizador da visita. Grazas!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer