O xoves 21 de decembro, a piques de comezar o Nadal, o alumnado do ciclo superior de Acondicionamento Físico levou a cabo a dinámica da torre de espaguetis. Con ela, o alumnado experimentou como se traballa en equipo, quen asumiu o papel de líder, ... pero sobre todo, a aprendizaxe que leva asociada asumir os obxectivos e non renderse ata o segundo final. Os gañadores conseguiron unha torre de 57 cm. Parabéns!!
O pasado venres 16 de decembro, o alumnado de 1º curso do Ciclo Superior De Comercio Internacional realizou unha visita ao Porto e ao vivieiro de mariscos de Vigo grazas á colaboracion de FUNDAMAR (Fundación para a Pesca e o Marisqueo). Dende o IES A Guía queremos agraceder a colaboración para facer posible esta visita.
O pasado 14 de decembro, o alumnado do 1º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais na modalidade Dual e o do Ciclo Superior de Transporte e Loxística, visitaron as instalacións da adega Martín Codax en Cambados para coñecer o proceso de elaboración e comercialización dos viños albariños, emblema dos viños galegos. Dende o IES A Guía queremos agradecer aos responsables da adega o tempo que nos adicaron así como as excelentes explicacións recibidas que enriquecen a formación do noso alumnado.
O pasado día 13 de decembro, o alumnado de 1º e 2º de Comercialización de produto alimentario, realizou unha visita ao mercado de Teis. Nesta saída coñeceron de primeira man a historia do mercado, as condicións para instalar un negocio no mesmo, así como as futuras reformas que acometerán para o ano na que teñen como obxectivo a modernización e dixitalización do mesmo. Ademáis coñecimos polo miúdo o traballo de distintos negocios como peixerías e carnicerías. Dende o IES A Guía queremos darlle as grazas a todo o persoal do mercado así como ao seu xerente por amosarnos con detalle as instalacións.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer