O martes 7 de Febreiro, o alumnado do ciclo superior de Transporte e Loxística do IES A Guía tivo o pracer de recibir unha ponencia de Antonio Seoane Lema, Director de Operacións das Terminais Marítimas de Vigo (TERMAVI). Durante a súa visita tocou conceptos como o transporte e a loxísitica marítima, ademais dos relacionacionados co tráfico de contedores. Dende o IES A Guía agradecemos profundamente que nos brindara parte do seu tempo invertíndoo na formación do noso alumnado!
O pasado mércores día 1 de Febreiro, o alumnado do ciclo superior de Transporte e Loxística do IES A Guía tivo a oportunidade de visitar varias terminais do Porto de Vigo. Durante a visita, o alumnado puido asistir en directo a algunha operación de carga e descarga, coñecer as características que fan do Porto de Vigo un dos portos de interés xeral do Estado. Dende o IES A Guía queremos agradecer ao noso alumno Iván e á Autoridade Portuaria o facer posible a visita e, de xeito especial, a David polo excelente trato que nos brindou, ademais das explicacións e aclaracións a cantas dúbidas tivemos. Moitas grazas!
No pasado día 25 de xaneiro, o alumnado de varios ciclos formativos da familia de Comercio e Márketing do IES A Guía tiveron a oportunidade de asistir a un taller de Buniness Model Canvas e a outro de Lego Serious Play, impartidos polo experto Néstor Guerra. Premendo nas ligazóns podedes obter máis información sobre os talleres e sobre a figura profesional de Néstor no campo da innovación, desenvolvemento e xestión de negocios tecnolóxicos en sectores de defensa, espacio e investigación.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer