O pasado día 19 de maio, celebrouse a festa dos maios co alumnado de 1º de FPB en colaboración co Centro de Día de maiores Atalaia. Foi un mes de intensa actividade colaborativa entre todo o profesorado e as traballadoras de Atalaia, no que se visitou o centro, fixeronse coplas, ensaiouse cos maiores, fixeronse dous maios (no IES A Guía e outro cos maiores), .... Finalmente todos desfrutamos dun gran día cantando e bailando xuntos. Grazas ás traballadoras do Centro de Día Atalaia pola súa benvida e a súa inxente labor e a todo o profesorado implicado na actividade.
O pasado 16 de maio, o alumnado do 1º curso do Ciclo de Grao Medio de Actividades Comerciais visitou o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo para asistir a exposición Luz na escuridade. Un proxecto educativo levado a cabo no cárcere de A Lama no que as persoas reclusas fan vivenciar o seu día a día a través de imaxes fotográficas. Na visita tivemos a sorte de contar coa responsable do proxecto educativo Patricia que nos explicou a experiencia en primeira persoa. Os nosos alumnos e alumnas estiveron acompañados polos profesores Miguel Soto e Noela Martínez. Grazas a Patricia e a todo o equipo do MARCO por permitirnos aproximarnos a arte dende unha nova perspectiva!
O pasado 11 de maio, o alumnado do 1º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais visitou Vepersa e Copervi, percentes ao grupo Rumbao. Durante a visita os Directores Xerentes e Comerciais fixeron unha presentación do concesionario, explicando as obrigas e obxectivos en canto a vendas e departamentos. Ademais diso, levouse a cabo unha visita polas instalacións dende a zona de exposición e venda ata a zona de vehículo usado, pasando tamén polo taller. Dende o IES A Guía queremos agradecer tanto ao programa EduTecEmprende como aos profesionais que fixeron posible a visita (Antonio García , Paula Losada e José Fidel) completando a formación do noso alumnado.Grazas!
No Salón de plenos do Pazo provincial da Deputación de Pontevedra, os alumnado de Acondicionamento Físico do IES A Guía recolleu o 2º premio Depoemprende, cunha dotación de 500 euros, polo seu proxecto "Depoenxebre", un xeito de levar o deporte ás zonas rurais de Galicia, á vez que favorece a socialización e a integración dos nosos maiores. Parabéns aos nosos alumnos Samuel, Raúl e Rubén!!! Premer para máis información
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer