Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro de Anuncios

Maite Jiménez, profesora de Latín e Grego do noso instituto, presenta a traducción de dúas obras mediavais

Maite Jiménez Pérez, profesora de Latín e Grego no IES García Barbón presenta o vindeiro xoves en Santiago dúas obras medievais que vén de traducir ao galego. Así o reflicte o diario "La voz de Galicia" nesta entrevista (PREMER)

'Cantar de Ruodlieb' e 'Cantar de Valtario' foron os libros traducidos ao galego por Maite Jiménez Pérez , publicados por Rinoceronte Editora. Aquí tedes máis información destas obras literarias (PREMER).

Exposición da Semana das Letras Galegas no IES García Barbón

Na semana grande das nosas letras ven visitar a exposición de Carlos Casares que está exposta no primeiro andar do centro! Non faltes! Feliz semana das Letras Galegas!

Charla de Diego Ameixeiras

Organizado pola Biblioteca e os Clubes de Lectura, o pasado día 28 de abril tivo lugar unha charla de Diego Ameixeira. Este escritor falou das súas vivencias, da súa obra e de moitas máis cousas con alumnos de  da FP Básica de Servizos Adiministrativos e do Grao Medio de Mantemento de Vehículos, de de Bacharelato B e de TCAE. Un bo preludio do vindeiro Día das Letras Galegas!

O día da saude no IES García Barbón

O pasado día 7 de abril celebrouse o Día Mundial da Saúde. É por iso que os alumnos de TCAE organizaron obradoiros, actividades e puntos de información coa intención de promover hábitos saudables.

Distribuir contido