Xeografía e Historia
INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO
Enviado por admin o Mér, 22/10/2014 - 12:50PROFESORADO:
Alba Gómez Álvarez - XEFA DEPARTAMENTO + MENTOR
A NOSA EXPOSICIÓN "MESTRAS" XA É ITINERANTE
Enviado por d.historia o Mér, 01/06/2022 - 10:51O IES Alexandre Bóveda de Vigo solicitounos o material e as audioguías elaboradas polo alumnado para a exposición "Mestras", e dende o 25 de maio xa colgan das súas paredes, este é o cartaz que fixeron para a mostra
EXCURSIÓN ALUMNADO DE HISTORIA DA ARTE
Enviado por d.historia o Ven, 27/05/2022 - 08:39
Aquí está o alumnado de Historia da Arte do García Barbón, desfrutando da excursión que organizamos este ano, xunto ao Departamento de Debuxo, para ver in situ o mosteiro e a capela mozárabe de San Miguel en Celanova, a igrexa visigoda de Santa Comba de Bande e o campamento romano Auis Querquennis
Podcast sobre Memoria Histórica, Telmo Comesaña
Enviado por admin o Mér, 25/05/2022 - 08:32Quero compartir con vós esta entrevista que se fixo a Telmo Comesaña, fundador e presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, no IES Alexandre Bóveda de Vigo falando sobre a Memoria Histórica.
Exposición Mestras
Enviado por admin o Mér, 09/03/2022 - 11:05A profesora Alba Gómez e o seu alumnado de Historia da Arte converten o IES García Barbón de Verín nun pequeno museo a través da exposición “Mestras” coa finalidade de reivindicar o espazo das mulleres na Historia da Arte, un espazo do que foron borradas e expulsadas prácticamente ata a actualidade. Pensemos que o libro que segue a ser o máis vendido sobre a materia, o famoso manual de Gombrich, apenas inclúe o nome dalgunha artista ou nos propios contidos do exame ABAU, onde por primeira vez este ano aparecen 7 artistas que naufragan entre os nomes dunha morea de homes. Co pensamento de transitar un novo camiño, que debe partir tamén da escola, o alumnado elaborou con agarimo, curiosidade e asombro as audioguías das obras aquí seleccionadas, cunha perspectiva crítica, xa que non pode ser doutro xeito.
Mostras da exposición:
Judit decapitando a Holofernes (Artemisia Gentilleschi)
Narración de Tatiana Barja Rivero
A idade madura (Camille Claudel)
Narración Cristina Rivero Martínez, Lucas Pardo Pardo, Tatiana Barja Rivero
A Verbena (Maruxa Mallo)
Narración Lucas Pardo Pardo
Untitled Film Stills (Cindy Sherman)
Narración Cristina Rivero Martínez
UN NADAL CHEO DE ARTE
Enviado por d.historia o Mér, 15/12/2021 - 09:19Ola a todas e todos! chegaron novas incorporacións á biblioteca do centro, un bo puñado de obras que podedes atopar no espazo destinado a Historia da Arte e no de novela gráfica.
TI VAI FACENDO
Enviado por d.historia o Mar, 30/11/2021 - 12:23Saímos a dar un paseo por Verín e contorna para comprobar cos nosos ollos a contaminación visual da que falamos en clase. Para a cal en Galiza ata temos un termo:" feísmo", o que nos leva a reflexionar sobre este fenómeno a través dunha serie de fotos e textos
Actividade realizada polo alumnado de Xeografía de 2º de bacharelato