Saltar navegación.
Inicio

Sanitaria

INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO

PROFESORADO:

  • Manuel López Rivela (Xefe Departamento) 
  • Marisol Gómez Cerradelo - DIRECTORA 
  • Álvarez Fernández, Ana
  • Rodríguez Deán, Eduardo
  • Veiga Rodríguez, Casandra
  • Pérez Neira, Paula
  • Rubido Montero, Susana

 

 

 

 

 

 

Visita vitual á Domus

Visita vitual á Domus para ver a exposición Bocados e unha disección de corazón de ollo e corazón.

Un xoves de comadres diferente en TCAE

Saída dos alumnos de TCAE a Barcelona

O alumnado de TCAE estiveron en Barcelona realizando unha serie de actividades docentes como  visitas a muesos ou exposicións,incluíndo a solicitada Human bodies

Alumnos de TCAE asisten e participan nas 4ª Xornadas de TES e TCAEs no IES Leixa de Ferrol

Os alumnos de TCAE asistiron e participaron activamente nas cuartas xornadas de Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermería e Técnicos en Emerxencias Sanitarias, celebrado no IES Leixa en Ferrol, acadaron o segundo premio cun dos posters presentados sobor: "PERCEPCIÓN DA POBOACIÓN DE VERÍN SOBRE AS BOAS PRÁCTICAS PROFESIONAIS DOS SERVIZOS DE EMERXENCIAS NA ATENCIÓN DE ACCIDENTES DE TRÁFICO", a actividade foi coordinada polas profesoras Beatriz Mira e Marisol Gómez.

Visita TCAE e Anatomía a Barcelona

Os días 13 e 14 de novembro @alumnos de TCAE , Anatomía de 1º BAC e as profes, visitamos Barcelona. Participamos en varias actividades, visita o museo #Cosmocaixa, aprendemos catalán coa conferencia la Magia de la Química en #IQS, resolvemos o asasinato de Manolo Latorre en #GoldenPop, e disfrutamos novamente coa exposición de #HumanBodies. Días intensos e xeniais.

Pilates no Barbón

Fantástica clase de Pilates!! Os alumnos de TCAE participaron nunha sesión de iniciación ao pilates na que ademáis de realizar exercicios para reforzar a musculatura da espalda tamén vimos o correcto uso das fitball para sentarse adecuadamente (que xa comezamos a empregar na aula en sustitución das cadeiras) Esta interesante sesión foi impartida por Guillermo García e na que colaborou Rubén Silva. Moitas gracias aos dous pola vosa colaboración e por facer que a actividade resultase tan entretida. 

Agora... a aplicar estes coñecementos na aula para mellorar a nosa hixiene postural e coidar a espalda.

O día da saude no IES García Barbón

O pasado día 7 de abril celebrouse o Día Mundial da Saúde. É por iso que os alumnos de TCAE organizaron obradoiros, actividades e puntos de información coa intención de promover hábitos saudables.

Excursión de TCAE por Santiago, A Coruña e Vilagarcía de Arousa

 

Durantes os días 29 de 30 de marzo os alumnos de TCAE fixeron unha saída a Santiago e A Coruña. Visitaron o día 29 as instalacións dos CHUS en Santiago e A exposición "Hablemos sobre drogas" en Villagarcía de Arousa.  O día 30 na Coruña visitaron a residencia xeriátrica Torrente Ballester e o CIFP Monte Alto.​

Distribuir contido