Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro de Anuncios

Adrián Bolaño, do IES García Barbón, recoñecido como un dos mellores expedientes de Galicia

(PREME AQUÍ PARA LER A NOVA DA USC)

Adrián Bolaño Cabido -alumno do IES García Barbón- é un dos 597 estudantes con mellores expedientes de Galicia. O acto tivo lugar en Santiago de Compostela, e nel estiveron o seu pai e o director do IES García Barbón. A comunidade educativa do IES García Barbón síntese profundamente orgullosa e manifesta a súa Noraboa!

Concerto de Cinta Adhesiva para pechar o curso dos Clubes de Lectura do IES García Barbón

O pasado luns día 12 tivemos a clausura dos Clubes de Lectura ,no salón de actos do centro,co concerto de Cinta Adhesiva: Silvia Penas e Jesús Andrés trouxéronnnos  poesía, música e imaxes para espertar os sentidos.

Os alumnos de FP Básica de Mantemento de Vehículos e de Administrativo na Vila de Monterrei

Saída interpretativa á Vila de Monterrei o pasado mércores 7 de xuño co alumnado de FPB Auto e Administrativo. Visitamos o castelo e as súas dependencias así como a igrexa e a Torre de Homenaxe.

Profesorado do IES Garcia Barbon na movilidade Erasmus en Estonia

O profesorado do IES Garcia Barbon participa na movilidade Erasmus coordinada por APAGA en Kuressaare (Estonia). Beatriz Fernández Paredes, Xefa de Estudos de Adultos do noso instituto, visitou ás instalaciòns da Kuressaare Ametikool onde posuen dous campus de formacion profesional de ciclo medio e superior (automocion, metal, carpinteria, cociña, varias titulaciòns da rama sanitaria, administraciòn e finanzas, construccion civil) sendo a ùnica que imparte formacion profesional nas ramas de construccion de embarcaciòns clásicas e modernas en todo o país.

Distribuir contido