Taboleiro de Anuncios
Recursos web de información e orientación académica
Enviado por admin o Ven, 13/10/2017 - 13:03Programa Orienta 2017-2018 para os estudantes do IES García Barbón
Enviado por admin o Mér, 04/10/2017 - 11:32A nova versión actualizada do Programa Orienta 2017-2018 xa esta á disposición dos estudantes do IES García Barbón.
Temos a posibilidade de utilizar unha versión en liña -que se chama Orientaline- e que proporciona unha boa parte da información e dos recursos do programa orixinal.
O recurso está aquí: http://orientaline.es/?yafxb=41564
Tamén se pode descargar a versión completa do Programa Orienta 2017/2018. Para iso tedes que premer na ligazón que se facilita:
O programa presenta unha información moi completa e detallada dos diferentes títulos de Formación Profesional, dos graos universitarios, dobres graos e estudos de máster. Tamén ofrece datos sobre notas de corte, saídas profesionais e mercado laboral.
Complementariamente, dispoñemos de distintos cuestionarios que nos axudan na toma de decisións de futuro –cuestionarios para estudantes de 4º de ESO, alumnado de Bacharelato e cuestionario de profesións-.
Presenta os múltiples itinerarios académicos a partir de 4º de ESO e facilita información sobre as ensinanzas especiais –artísticas, musicais, danza e arte dramática-. Tamén podemos atopar datos sobre outros estudos (ensinanzas deportivas, policia, idiomas, etc).
Normas básicas de convivencia nas aulas do IES García Barbón
Enviado por admin o Mér, 13/09/2017 - 20:29Normas Básicas de Aula by dveiga on Scribd
Persoas con prazas adxudicadas en Formación Profesional no IES García Barbón
Enviado por admin o Mar, 18/07/2017 - 20:11Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario. O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 18 de xullo ata as 13:00 horas do luns 24 de xullo de 2017. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.
Información do IES García Barbón, no mensual Barrios de xullo 2017
Enviado por admin o Ven, 14/07/2017 - 13:24- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »