Taboleiro de Anuncios
Aliméntate ben
Enviado por admin o Ven, 01/12/2017 - 14:10Dentro do Plan Proxecta "Aliméntate ben" que coordina a profesora Cristina Gómez, tiveron lugar varios Talleres do Programa Cores da Escola Galega de Consumo o día 30 de novembro pola mañá: un sobre "Publicidade" para o alumnado de Bacharelato e outro sobre "Alimentación e etiquetado" para o alumnado de Formación Profesional Básica de Automoción.
Parabéns para o alumnado polo seu interes e participación!
Grazas tamén para María -da Escola Galega de Consumo- polas súas aportacións.
Día internacional contra a violencia de xénero
Enviado por admin o Mér, 29/11/2017 - 12:18Con motivo da celebración do día internacional contra a violencia de xénero os alumnos da asignatura de TICs realizaron unha actividade conmemorativa pegando carteis recordando ás 44 vítimas mortais que este año 2017 levamos ás nosas costas.
Moitas e variadas actividades extraescolares no IES García Barbón
Enviado por admin o Ven, 24/11/2017 - 11:58A visita de Iván Olmos Ferreiro
Enviado por admin o Ven, 17/11/2017 - 11:01Os alumnos e alumnas do IES García Barbón recibiron a visita de Iván Olmos Ferreiro, subcampión mundial de discursos e segundo mellor orador do mundo en español, quen lles impartiu varios talleres de oratoria e retórica para melloraren a súa habilidade para falar en público. Realizáronse un total de 5 talleres: dous para as aulas de 1º de Bacharelato e outros 3 para os alumnos dos ciclos medio e superior de FP en Administración e Finanzas.
Nos talleres, os rapaces puideron adquirir coñecementos sobre as diferentes ferramentas que podemos empregar para aumentar a nosa capacidade de persuasión cando falamos en público, así como estudar as distintas canles de comunicación non verbal existentes e iniciarse no mundo da argumentación e da lóxica para construír argumentos de forma coherente e eficaz. Todos eles realizaron diferentes dinámicas prácticas, adaptadas a cadanseu nivel, para poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante o taller.
As chamadas habilidades brandas e, entre elas, a oratoria teñen enorme importancia para fortalecer o desenvolvemento académico e profesional das persoas. É por isto que IES García Barbón levou a práctica destas habilidades e a adquisición de conceptos teóricos sobre a mesma a este rapaces de Verín, para que poidan aplicalas na súa vida cotiá e laboral.
Iván Olmos Ferreiro é un limián de 23 anos con varios anos de experiencia como formador en técnicas profesionais de oratoria, debate e negociación. Graduado en Comunicación Audiovisual e con mestrado en Adminsitración e Dirección de Empresas, traballa como formador e consultor para diversas empresas e institucións.
Charla sobre "Oratoria e debate" a cargo de Iván Olmos Ferreiro.
Enviado por admin o Mér, 08/11/2017 - 10:01Outono fotográfico
Enviado por admin o Mar, 07/11/2017 - 11:22Charlas sobre educación para a saúde: alimentación.
Enviado por admin o Ven, 03/11/2017 - 12:05Novidades informativas do IES García Barbón
Enviado por admin o Xov, 26/10/2017 - 11:58- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »