Recomendámosche
ACTIVIDADES MES DE ABRIL CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO
Enviado por Biblioteca o Xov, 31/03/2022 - 12:36O mes de abril xa está aquí!!
Desde o EDLG e a Biblioteca do IES García Barbón queremos propoñervos varias actividades relacionadas cos libros que podedes facer durante este mes. Animádevos e participade!!!
A REVISTA MEIGALLO XA CHEGOU!!!
Enviado por Biblioteca o Ven, 11/03/2022 - 11:54Depois da presentación virtual da revista, xa temos na biblioteca tres exemplares impresos. Non dubidedes en consultalos e propoñer opcións e ideas para colaborar no próximo número!!!
Queremos que a revista siga durante moito tempo e para iso precisamos a vosa axuda!!!
8m: Libros e xogos na biblioteca
Enviado por Biblioteca o Mar, 08/03/2022 - 11:04Con motivo do 8M presentamos na biblioteca unha selección de libros e xogos sobre feminismo.
8M: Mulleres en historia e literatura
Enviado por Biblioteca o Mar, 08/03/2022 - 10:42No primeiro andar do centro, coa colaboración do alumnado de 2º de Bacharelato, fixemos unha exposición de mulleres na historia e literatura.
8M: AS MULLERES DA NOSA VIDA
Enviado por Biblioteca o Mar, 08/03/2022 - 10:33Con motivo da celebración do 8M no vestíbulo da entrada fixemos un pequeno mural dedicado ás mulleres da nosa vida.
O ENTROIDO NO IES GARCÍA BARBÓN. PARTICIPADE!!!!!
Enviado por Biblioteca o Lun, 07/02/2022 - 19:46No IES García Barbón imos ter un Entroido cargadiño de actividades. Anímate e participa. Apúntate antes do 14 de febreiro na folla que haberá na túa clase.
Dálle a volta ao conto!!!
Enviado por Biblioteca o Ven, 21/01/2022 - 13:23Anímate a participar no concurso de relatos para o 14 de febreiro. Tes que darlle a volta a un conto tradicional e camibar a perspectiva do amor que nos transmitiron desde sempre.
Cambiemos as tornas!!!
PATRIMONIO ORAL
Enviado por Biblioteca o Ven, 14/01/2022 - 12:53Entre todos e todas imos recoller exemplos da nosa tradición oral.
Preguntade na casa ou nas vosas aldeas a todas aquelas persoas que coñezan contos, lendas, cancións... da vosa zona ou contorna.
Animádevos a participar!!!
Suxestións de lecturas para o mes de Novembro
Enviado por admin o Mar, 12/11/2019 - 14:00Estas son as recomendacións da Biblioteca para este mes