Recomendámosche
...... E por se non podes achegarte a biblioteca....
Enviado por admin o Xov, 17/10/2019 - 12:13Completa as túas actividades de Samaín coa lectura dalgúns dos libros propostos dende a nosa biblioteca. Pasaralo de medo!
O Samaín chegou ao IES!
Enviado por admin o Xov, 17/10/2019 - 12:03O Samaín chegou o noso IES! Achégate a biblioteca e pasa un rato terrorificamente divertido coa escolma de libros e as actividades propostas dende a biblioteca.
Agasallos para o remate dos Clubes de Lectura
Enviado por admin o Mér, 28/06/2017 - 01:32Co final de curso chega o remate dos Clubes de Lectura do IES García Barbón. Para celebralo, todos os participantes, profes e alumnos recibiron uns agasallos moi especias: bolsas con fragmentos das obras lídas e unha sorpresiña dentro.
Concerto de Cinta Adhesiva para pechar o curso dos Clubes de Lectura do IES García Barbón
Enviado por admin o Mar, 13/06/2017 - 11:28
O pasado luns día 12 tivemos a clausura dos Clubes de Lectura ,no salón de actos do centro,co concerto de Cinta Adhesiva: Silvia Penas e Jesús Andrés trouxéronnnos poesía, música e imaxes para espertar os sentidos.
Exposición da Semana das Letras Galegas no IES García Barbón
Enviado por admin o Mar, 16/05/2017 - 12:19
Na semana grande das nosas letras ven visitar a exposición de Carlos Casares que está exposta no primeiro andar do centro! Non faltes! Feliz semana das Letras Galegas!
3º Concurso de Calacús - Samaín 2015
Enviado por admin o Ven, 23/10/2015 - 12:17DATA: Do luns 26 ao mércores 28 no recreo da mañá
LUGAR DE ENTREGA: Biblioteca
DATA E LUGAR DE ENTREGA DE PREMIOS: xoves 29 no salón de actos ás 11:20
BASES:
- Pode participar calquera membro da comunidade educativa.
- As cabazas poden ser elaboradas en calquera material (natural, cartón, poliespan, goma eva, metal,…).
- Cada cabaza debe levar escrito manualmente, en papel ou cartolina, un conxuro (meigallo) que pode ser inventado ou tradicional.
- Haberá catro premios:
- Ao máis artístico: Unha cea na zona dos viños de Verín.
- Ao máis elaborado: Unha noite nun hotel de Ourense cunha sesión de baño e masaxe nas Termas das Burgas.
- Ao máis enxebre: Un paseo en catamarán polo Sil, a elexir a época.
- Ao mellor conxuro: Unha cesta con produtos típicos de diversas zonas de Galicia.
Club de conversa en Inglés
Enviado por admin o Ven, 23/10/2015 - 12:11
O vindeiro mes de novembro dará comezo unha nova actividade promovida pola Biblioteca do centro e coa colaboración do Departamento de inglés. Trátase dun grupo de conversa en inglés que está aberto a tódolos membros da comunidade educativa do centro e que ten como obxectivo mellorar a fluidez e a comprensión oral do inglés, empregándoo , ao tempo que nos divertimos e facemos amigos…
O grupo reunirase nun principio unha vez ao mes polas tardes, dende novembro a xuño e será coordinado polas profesoras de inglés do colexio e a profesora de Relixión quen conta coa experiencia de ter vivido en EE.UU durante un período de tempo.