Skip to Content

Información positivos COVID-19 (Semana do 31/01/22 ao 06/02/22)

O IES Félix Muriel informa de que desde o día 31/01/22 ao 6/02/22 o Centro de Seguimento de Contactos lle comunicou 10 casos positivos por COVID-19 no centro. En total, no que levamos de curso académico rexistráronse 34 casos.

Posivos COVID-19. Semana do 24 ao 30 de xaneiro

O IES Félix Muriel informa de que desde o día 23/01/22 ao 30/01/22 o Centro de Seguimento de Contactos lle comunicou 7 casos positivos por COVID-19 no centro. En total, no que levamos de curso académico rexistráronse 24 casos.

As persoas identificadas como contacto estreito reciben un abalar desde o centro no momento en que se lle comunica ao Centro de Seguimento e deben estremar as precaucións e estar atentos/as no caso de presentar síntomas compatibles coa COVID-19. Porén, poden continuar asistindo ao centro educativo.

 

INDICACIÓNS COVID-19

Estimadas familias,

co fin de evitar a transmisión da COVID-19 a outras persoas, é preciso adoptar as seguintes medidas de prevención:

- Cada día, antes de asistir ao centro, hai que comprobar se hai algún síntoma (febre maior de 37,5ºC, tose seca ou produtiva, dificultade respiratoria, dor de garganta ou outros síntomas respiratorios, fatiga severa, cansazo, dor muscular, falta de olfacto, falta de gusto, vómitos ou diarrea).

Actividade: Plantas aromáticas para un xardín escolar de olores e cores

26/01/2022 16:00
Europe/Madrid

O vindeiro mércores, 26 de xaneiro, de 16h a 18h, desenvolverase no IES a actividade formativa: Plantas aromáticas para un xardín escolar de olores e cores.

 

A actividade encádrase no proxecto de Biocultura que está a desenvolver o centro e está aberta á participación de toda a comunidade educativa.

Estades todas e todos convidados.

O proxecto Monte Vivo na Revista EDUGA

O proxecto Monte Vivo que se está a desenvolver no noso centro aparece recollido na Revista EDUGA.

No artigo, da autoría do coordinador do proxecto, Rafael Saco explica polo miúdo a orixe deste proxecto, a súa repercursión no centro e na contorna, así como os seus obxectivos.

 

Positivo por COVID-19 (15/01/2022)

Desde o IES Félix Muriel infórmase de UN novo caso positivo de COVID-19 notificado pola Consellería na tarde de hoxe. 

As persoas que sexan consideradas contacto estreito recibirán unha chamada do centro de seguimento e un abalar específico desde o IES. 

Positivo COVID-19 (14-01-2022)

Desde o IES Félix Muriel infórmase de UN novo caso positivo de COVID-19 notificado pola Consellería no día de hoxe. 

As persoas que sexan consideradas contacto estreito recibirán unha chamada do centro de seguimento e un abalar específico desde o centro. 

KA 101 IBUPEU

Positivo COVID-19

Desde o IES Félix Muriel infórmase de UN novo caso positivo de COVID-19 notificado pola Consellería no día de hoxe. 

As persoas que sexan consideradas contacto estreito recibirán unha chamada do centro de seguimento e un abalar específico desde o centro. 

Distribuir contido


by Dr. Radut