Skip to Content

INDICACIÓNS COVID-19

Estimadas familias,

co fin de evitar a transmisión da COVID-19 a outras persoas, é preciso adoptar as seguintes medidas de prevención:

- Cada día, antes de asistir ao centro, hai que comprobar se hai algún síntoma (febre maior de 37,5ºC, tose seca ou produtiva, dificultade respiratoria, dor de garganta ou outros síntomas respiratorios, fatiga severa, cansazo, dor muscular, falta de olfacto, falta de gusto, vómitos ou diarrea).

- O alumnado con síntomas compatibles é considerado CASO SOSPEITOSO de COVID-19. Nesa situación, a persoa avisa ao centro e non asiste a clase. Tamén ten que contactar co pediatra/médico de atención primaria ou chamar ao 881540045 (ou o 061, só en casos graves). Os profesionais sanitarios serán os que valoren a clínica e prescriban a realización das probas que consideren necesarias para confirmar o caso.

- CASOS CONFIRMADOS DE COVID-19. Illamento domiciliario ata levar 3 días sen síntomas e sempre que pasen 7 días desde que estes comezaron. Se non tivo síntomas, deberá manter o illamento ata pasados 7 días desde a recollida da mostra diagnóstica. Non será necesario realizar unha nova proba para suspender as medidas de illamento nin para se reincorporar á actividade escolar.

Os autotest de farmacia positivos considéranse válidos, mais hai que rexistrar o positivo nesta ligazón: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID e avisar ao instituto canto antes.

 

- Que fan as persoas que conviven cunha persoa considerada caso sospeitoso?

    * As persoas vacinadas coa pauta completa ou aquelas que fosen diagnosticadas da COVID nos últimos 6 meses poderán acudir tanto á escola como ao seu posto de traballo, extremando sempre as medidas de prevención.

   * Se aparecen síntomas, pasan a ser casos sospeitosos (vacinadas ou non).

Ante os casos que aparezan no centro educativo, realizarase un estudo de contactos. As persoas que sexan consideradas contactos estreitos recibirán instrucións do Centro de Seguimentos de Contactos.

Desde o centro informarase a través da páxina web do número de casos positivos detectados ao longo da semana (máis só aqueles que se comuniquen desde a Consellería de Sanidade).

Un saúdo e moito ánimo

 

 

 



story | by Dr. Radut