Skip to Content

Francés

Programación didáctica 2023-2024

As PD do Departamento de Francés pódense ver dentro do apartado Oferta educativa en cada un dos cursos correspondentes

Programa EduMob de Francés

O IES Félix Muriel, como centro que promove a internalización do seu alumnado e que considera as competencias lingüísticas fundamentais na formación, ten decidido no Claustro a participación en programas de intercambio e mobilidade do alumnado.
Esta aposta de centro lévanos a animar o noso alumnado de 1º de bacharelato que cursa francés a presentar a súa candidatura para o Programa EduMob impulsado desde o Servizo de Innovación e Programas educativos da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

O programa EduMob está dirixido a alumnado matriculado na materia de Segunda Lingua Estranxeira I: Francés (1º de Bacharelato) durante o curso 2023-24 e que desexe integrarse durante catro semanas nun centro escolar francés e acoller unha alumna ou alumno francés nos mesmos termos.
Consiste nun programa de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade co alumnado matriculado en centros pertencentes á Rexión Académique de Grand Est (Francia) durante o curso 2023/24.

O alumnado interesado poderá presentar a súa solicitude segundo se establece na convocatoria e as bases, enviando un email a ies.felix.muriel@edu.xunta.gal. Indicando no asunto "Programa EduMob".
Deberá presentar os seguintes anexos cubertos e asinados:
- Anexo I (solicitude).
- Anexo II (baremo).
- Anexo III (condicións de saúde)
- Anexo IV (código de conduta)
- E no corpo do email indicar en que grupos, colectivos de voluntariado participa no centro (ex: clube de lectura, voluntariado biblioteca, EDGL,...).

O prazo de presentación remata o 27 de novembro de 2023.

Constituirase unha Comisión de selección que terá en conta os criterios de selección incluídos nesta convocatoria e que poden comprobarse no documento Baremo publicado na web do IES Féliz Muriel.

Programación didáctica 2021-2022

Achégase a programación didáctica do Departamento de Francés.

Distribuir contido


by Dr. Radut