Skip to Content

INFORMACIÓN

Acceso ás programacións didácticas

A partir deste momento, a consulta das programacións didácticas do centro realizarase a través da seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/proens/AccesoPublicoListaxe-listaxeBaleira.action. Tamén pode procurar nun buscador "Proens" e unha vez acceda premer en "Acceso público".

Para visualizar as programación débesen seguir os seguintes pasos:

1) deberá indicar o código do centro: 15026807 -automaticamente aparece o nome do centro-.

2) Ensinanza: escoller ESO ou BAC

3) Curso: indicar o correspondente

4) Materia: indicar a correspondente (se o deixa en branco, aparecen todas as programacións relativas a ese curso)

5) Réxime: Réxime xeral-ordinario

6) Premer en Buscar programacións

Entregas Boletíns, consellos orientadores e reclamacións

26/06/2023 09:00
27/06/2023 14:00
Europe/Madrid

O luns 26 de xuño:

  • 09:00 horas. Inicio período de reclamacións ás Xefaturas de Departamento de 1º BAC e ESO.
  • 10:00 horas. Entrega de Boletíns e Consellos orientadores de 1º, 2º e 3º ESO
  • 10:30 horas. Entrega de orlas de 4º ESO e 2º Ciclo Medio no Salón de actos.
  • 11:00 a 14:00 horas. Revisión cualificacións co profesorado.

Martes, 27 de xuño.

  • 10:00 a 13:00 horas. Revisión cualificacións co profesorado.
  • 14:00 horas. Fin do período de reclamación de 1º BAC e ESO.

Mércores, 28 de xuño.

  • Resolución das reclamacións por parte dos Departamentos e comunicación ás familias.

 

 

Publicación cualificacións avaliación extraordinaria 2º BAC e Ciclo Medio

22/06/2023 14:00
26/06/2023 14:00
Europe/Madrid

As cualificacións da avaliación extraordinaria de 2º de Bacharelato e final de Ciclo Medio publicaranse a través de Abalar o día 22 de xuño ás 14:00 horas.

 

O prazo de reclamacións ás cualificacións comeza o día 23 ás 09:00 horas e remata o día 26 ás 14:00 horas.

COMEZO CURSO ESCOLAR 2024-2025

De acordo coa Orde do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/2025 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, a actividade lectiva comezará o día 11 de setembro no horario que se indica a continuación:

 

9:00 horas. Presentación dos grupos de 1º ESO no Salón de actos

9:00 horas. Presentación dos grupos de 1º e 2º de Ciclo Medio.

9:20 horas. Presentación dos grupos de 2º e 3º ESO no patio central do edificio principal.

9:20 horas. Presentación dos grupos de 4º ESO e BAC detrás do edificio anexo (pista de fútbol e baloncesto).

 

Ao rematar as presentacións comezarán as sesións lectivas habituais, polo que o alumnado deberá traer neste primeiro día o material necesario: folios/caderno/carpeta e bolígrafo.

AUTOBUSES: no horario habitual, de chegada ao centro ás 08:30 horas e regreso ás 14:10 horas.

FELIZ REGRESO AO FÉLIX MURIEL

Libros de texto. Curso 2024-2025

Achégase a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso académico 2024-2025.

Por favor, teñan en conta as indicacións relativas a algún dos libros en que se recomenda agardar a setembro.

Entrega cualificacións ESO

O día 26 entregaranse as cualificacións ao alumnado da ESO no seguinte horario:

 

1º ESO, 2º ESO e 3º ESO: 10:00 horas na súa aula de referencia.

4º ESO: 11:00 horas no Salón de actos.

 

NOTA IMPORTANTE. É moi importante recoller esta documentación en papel xa que o Consello Orientador non aparece no ABALAR e nel infórmase da proposta de inclusión da/o alumna/o no programa PDC ou en FP Básica e disponse de moi pouco tempo para aceptar ou non a proposta en cada un deses casos.

Probas extraordinarias 1º Bacharelato

Achéganse as datas e horas das probas extraordinarias de 1º Bacharelato.

Datas probas extraordinarias 2º BACHARELATO

Achéganse as datas e horarios das probas extraordinarias das materias de 2º de Bacharelato e as pendentes de 1º de Bacharelato.

Cualificacións avaliación ordinaria 2º BAC e período de reclamación

As cualificacións da avaliación ordinaria de 2º de Bacharelato serán publicadas en Xade o día 15 de maio ás 20:00 horas.

O alumnado que titule na avaliación ordinaria e desexe presentarse ás ABAU deberá pasar pola Administración do centro o día 16 de maio co fin de recoller toda a documentación necesaria, xa que os prazos son moi axustados.

 

Por outra banda, o día 16 poderán revisar as probas que consideren co profesorado nas súas horas de atención, nos recreos ou nas horas lectivas de 2º BAC.

 

As reclamacións ante o Departamento poderase presentar os días:

20 de maio en horario de 10:00 a 13:00 horas.

21 de maio en horario de 8:30 a 13:00 horas.

 

O día 22 comunicaranse as resolucións do Departamento correspondente e  o prazo de reclamación ante a Xefatura Territorial será os días 23 e 24 de maio en horario de 9:00 a 13:00 horas na Administración do centro.

 

 

Premendo nos enlaces é posible acceder aos modelos de reclamación:

 

Axudas para alumnado con necesidades específicas

Publicada hoxe, 19 de abril, no BOE a convocatoria das axudas para alumnado con necesidades específicas para o vindeiro curso 2024-2025.

Prazo de presentación: do 30 de abril ao 13 de setembro.

As axudas deberán solicitarse a través do formulario que se atopa en www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio: https://sede.educacion.gob.es

 

Toda a información na ligazón:

Resolución de 12 de abril de 2024, de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2024-2025

Distribuir contido


by Dr. Radut