Skip to Content

Orientación

Bolsas de axuda aos estudos postobrigatorios para o curso 2024/25

Publicada a convocatoria para solicitar Bolsas de Axuda para estudos Postobrigatorios, para o curso 2024/25.

O PRAZO REMATA O DE 10 MAIO

Para máis información, aquí: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/...

 

Parámetros de Ponderación, Protocolo e Horarios ABAU

Toda a información sobre as ABAU, lembra que o horario aínda é provisional e os parámetros de ponderación están pendentes de publicación no DOG.

Aberto o Prazo para a Solicitude de Admisión en centros educativos públicos para o próximo curso 2023/24

O alumnado que cursa estudos no IES Félix Muriel conta coa reserva de praza neste centro para o vindeiro curso 2023-2024; xa non precisa, por tanto, facer ningún trámite ao respecto ata o momento da matrícula.

O prazo para solicitar praza noutro centro educativo (ESO-BAC) abrangue dende o 1 ao 20 de marzo. Esta solicitude pódese facer sen prexuízo da garantía de permanencia neste centro. Este alumnado perderá o dereito de permanencia no IES Félix Muriel no momento que figure na listaxe definitiva de alumnado admitido do novo centro.

O procedemento de entrega da solicitude de admisión para o curso 2023-2024 farase preferentemente a través plataforma eléctrónica Admisión / Sede electrónica.

Opcionalmente poderá facerse na secretaría do centro. 

 Admisión do 1 ao 20 de marzo de 2023

 

  Nota informativa

Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

Convocadas as Probas de Acceso ao Grao de Ciencias Físicas e do Deporte da UDC

DATAS DAS PROBAS:

22  de Abril de 2023.
20 de Xuño de 2023.
O apto nestas probas mantense ata o curso 2024-2025 e 2025/2026 incluído este. 



PRAZO DE MATRÍCULA NAS PROBAS:
Para  convocatoria de abril: Ata o 17 de marzo de 2023 ás 14,00h.
Para a convocatoria de xuño: Do 5  ó 17 de xuño de 2023 ás 14,00h.

 
TAXAS DE EXAME:
63,67 euros máis 6 euros en concepto de seguro de accidentes. O pago dos dereitos de exame permite presentarse ás dúas convocatorias. En caso de presentarse de novo á 2ª convocatoria haberá que aboar de novo o seguro de accidentes. 

EXENTOS DAS PROBAS:
Deportistas de alto nivel.

LUGAR DE EXAME: 
Na Facultade de C.C do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, sita na Avda. Ernesto Che Guevara, 121, Oleiros

 



INSCRICIÓN E INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS: 

Para efectuar a matrícula nas Probas Específicas de Admisión deberá cubrirse o formulario online de inscrición, e entregar na Secretaría do Centro os documentos que se indican nas instrucións para a inscrición. Enlace á web onde atoparás información sobre:
 
EN QUE CONSISTEN AS PROBAS:
Bloque 1: Proba de adaptación ao medio acuático 
Bloque 2. (elixir unha entre as tres seguintes): 
- Proba de axilidade no chan 
- Proba de carreira de obstáculos 
- Proba de axilidade co balón 
Bloque 3: Proba de resistencia cíclica

ACORDO USO DO MÓBIL PARA AS FAMILIAS

Deixo aquí o " Acordo para usar o Móbil" do que falamos na sesión informativa coas familias que tivemos o pasado xoves 17 de novembro.

Espero sexa de utilidade.

Programacións didácticas 2022-2023

Achégase a programación didáctica correspondente ao curso 2022-2023

COMUNICACIÓN CO DPTO. DE ORIENTACIÓN

O Dpto. de Orientación atenderá ás familias de forma preferente por vía telefónica ( tfno do instituto: 81866646 de 10:30h a 13:30h) ou telemática en: orientacionmuriel@gmail.com

E só de forma presencial con cita previa, que se pode solicitar nas vías antes mencionadas.

Tal e como se establece nas "Instrucións polas que se incorporan a declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública"

E ti que opinas?

A Fundación Paideia, que organiza cursos de formación e de competencias laborais para o emprego, quere escoitar a voz da mocidade, e que lles conten, de primeira man, as necesidades, e os desexos que teñen, animádesvos? Só tedes que ter de16 anos en diante.

Pinchade no enlace: https://www.paideia.es/e-ti-que-opinas

Tres novos graos no Sistema Universitario Galego e os primeiros tres Graos Abertos

Atención aos futurxs universitarixs!

Para as familias con mozas e mozos de Altas Capacidades

Aquí deixo no adxunto un pequeno documento para dar pistas de como sobrelevar esta situación excepcional cxs adolescentes con altas capacidades.

Espero sirva de axuda.

Moito ánimo, xa queda un día menos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut