Skip to Content

Orientación

CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia)

Blog do Departamento de Orientación

Toda a información pódela consultar no seguinte enlace


http://orientacionrianxo.blogspot.com/


 


 


 


 

Unha proposta de cambio do Sistema Educativo

OBRADOIRO DE RESOLUCIÓN DE CONFLITOS "RELACIÓNATE"

Nos centros educativos pasamos moitas horas en estreito contacto. Esta convivencia fomenta o compañeirismo e dá lugar a fortes amizades, pero ás veces xenera roces. É necesario, polo tanto, previr a violencia escolar e potenciar a resolución construtiva de conflitos.

Durante este mes o noso centro acollerá o obradoiro de resolución de conflitos "Relaciónate", organizado polo Centro Quérote+, dependente da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Ten como obxectivo proporcionar aos alumnos instrumentos que lles permitan resolver estes problemas dunha maneira constructiva, mediante o diálogo e a cooperación, o desenvolvemento actitudes de asertividade e empatía e a creación de relacións de apoio entre iguais.

Este obradoiro está dirixido a alumnos de 1º de ESO, co seguinte calendario:

  • O día 8 de febreiro, de 10:30 a 12:10 para 1º ESO A e de 12:30 a 14:10 para 1º ESO B.
  • O día 15 de febreiro, de 10:30 a 12:10 para 1º ESO C e de 12:30 a 14:10 para 1º ESO D.
Distribuir contido


by Dr. Radut