Skip to Content

Posivos COVID-19. Semana do 24 ao 30 de xaneiro

O IES Félix Muriel informa de que desde o día 23/01/22 ao 30/01/22 o Centro de Seguimento de Contactos lle comunicou 7 casos positivos por COVID-19 no centro. En total, no que levamos de curso académico rexistráronse 24 casos.

As persoas identificadas como contacto estreito reciben un abalar desde o centro no momento en que se lle comunica ao Centro de Seguimento e deben estremar as precaucións e estar atentos/as no caso de presentar síntomas compatibles coa COVID-19. Porén, poden continuar asistindo ao centro educativo.

 

Lémbrase que os autotest de farmacia positivos cómpre rexistralos nesta ligazón: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID e avisar ao instituto canto antes.

 

Para máis información véxase a entrada "Indicacións COVID-19" desta páxina web.

Un saúdo



story | by Dr. Radut