O proxecto de mobilidade escolar chamado "Intercambio de boas prácticas en Europa" é o segundo presentado polo Instituto de Educación Secundaria Félix Muriel.
Consiste na mobilidade de oito profesores de distintas especialidades a catro centros europeos de primeira orde para observar e compartir experiencias sobre:
- A investigación actual da aplicación do proceso de aprendizaxe baseada en Proxectos e Educación STEM que demostran que a realización de Proxectos pode aumentar o interese dos alumnos en Ciencias, Tecnoloxía,Enxeñería, e Matemáticas, ao involucrar ao alumnado na resolución de problemas, traballan en equipo, e constrúen solucións reais e tanxibles fomentando a igualdade.
- A organización e aproveitamento de espazos fundamentais nun centro educativo como é a biblioteca.
- A implementación da mediación escolar como elemento facilitador da convivencia e da inclusión. Así como a observación de experiencias nas que se traballe a diversidade e a igualdade.
- Novas metodoloxías como é o TIL para desenvolver un cambio metodolóxico na ensino-aprendizaxe das linguas desde as áreas lingüísticas e non lingüísticas.
Con estas mobilidades, estamos a posibilitar que o profesorado que xa está a traballar en diferentes grupos de traballo sobre estas temáticas, comproben como se está facendo noutros centros educativos homólogos europeos, contribuíndo ao proceso de internacionalización que a nosa organización empezou no curso 2018 coa elaboración do Plan de Desenvolvemento Europeo.
Pretendemos que este proxecto, polo especial interese do profesorado beneficiario obxectivo e a súa posterior aplicación á docencia do noso alumnado, redunde no beneficio directo sobre o noso centro educativo en canto á mellora dos estándares de calidade educativa, proxección internacional e visibilidade.
A pesar das dificultades debidas á pandemia de COVID 19 o noso proxecto sufriu atrasos, pero continúa adiante.
As persoas candidatas a participar no Proxecto IBUPEU, deberán entregar na Secretaría do IES Félix Muriel, ou na dirección de email felix.muriel.erasmusplus@gmail.com, a solicitude e a documentación referida aos puntos 1.3, 2 e 3 das bases da convocatoria antes do 30 de setembro de 2022. O punto 1 das bases, o baremará a Comisión de Mobilidades coa información que consta no Xade do expediente académico de cada candidata. Para a entrevista persoal convocarase ás candidatas proximamente.
|
NOTA: Os resultados do proceso selectivo publicaranse nos taboleiros do IES Félix Muriel antes do venres 7 de outubro de 2022. Haberá dous días para as reclamacións.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Convocatoria 22-23.pdf | 388.8 KB |
bases 22-23.pdf | 496.07 KB |
solicitude KA 101 2020 curso 22-23.doc | 378 KB |
resolución movilidades 22-23.pdf | 689.31 KB |