MARATÓN DE LECTURA SOLIDARIO 2024 ROSALÍA DE CASTRO
Acceso a todas as fotos no seguinte enlace
Hoxe 23 de febreiro de 2024 o IES P Eusebio da Guarda celebra o seu tradicional Maratón de lectura no Día de Rosalía.
Ë unha actividade que ten como finalidade fomentar a lectura oral entre a comunidade educativa do centro: alumnado, profesorado, familias, persoal non docente, etc... ao longo de todo o día. É tamén solidario porque os lectores/as deixan unha cantidade voluntaria que será entregada á Cociña Económica.
O Maratón solidario de lectura vense facendo desde 2014, polo que hoxe podemos dicir que estamos na celebración do X ANIVERSARIO DA FESTA DA LECTURA SOLIDARIA.
E unha festa é porque o alumnado de todos os niveis foi baixando ao salón de actos para ler os seus textos ou recitar os poemas preparados cuninterés e unha alegría que nos cativa. E só nos queda darvos a todos os PARABÉNS e vérmonos o próximo ano!
FELIZ DÍA DE ROSALÍA!!!
Beni Vidal
Xefa de departamento de Lingua Galega e Literatura