Skip to Content

Proxecto Terra-APLU

Hoxe o alumnado de 2º e 3º ESO asistiu á charla “Eu son inspect@r urbanístic@. Coida do territorio. Coida do teu”, organizada polo departamento de Xeografía e Historia dentro do Proxecto Terra-APLU.

 

Sobremesas de Entroido

Nestes días non podía faltar outro clásico: o concurso de sobremesas de Entroido. Animádevos a participar co voso doce caseiro (orellas, filloas, bica, canas, chulas, rosquillas, torradas...) e un xurado especializado fará as catas para premiar os máis saborosos! 

 

 

Semana de Entroido

Para mantermos a tradición, lembremos: 
“Se te queres divertir,
co entroido do Proval,
estas pautas has seguir...”

África González e o "inmunopower"

Dentro da programación especial ofrecida polo concello de Nigrán nesta semana de celebración do Día da muller e a nena na Ciencia, visitounos hoxe outra das nosas veciñas científicas: África González Fernández, catedrática de medicina e presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía. Dirixiu o Centro de Investigacións Biomédicas CINBIO e foi cofundadora de NanolmnunoTech SL, empresa centrada na nanotecnoloxía. Ten traballado con varios Nobel, como César Milstein, e foi nominada aos premios Women Innovator 2017 pola Comisión Europea. Na súa charla de hoxe “As túas defensas ao poder: Inmunopower” -e co didactismo que a caracteriza- falounos do seu eido de investigación, a inmunoloxía, da súa traxectoria laboral e vital, analizou a presenza das mulleres no ámbito científico... pero, sobre todo, impartiu unha boa lección de humanidade, porque “nesta vida debemos valorarnos, querernos a nós mesm@s e sermos respetuos@s cos demais”...

 

 

Jack the Ripper

Whitechapel, agosto-novembro de 1888, un asasino en serie actúa impunemente aterrorizando Londres... pero tentaremos dar co culpable! Examinaremos os crimes de Jack the Ripper, observando atentamente as súas cartas e os informes médicos e policiais, así como os artigos xornalísticos da época. Coñeceremos a vida do Londres vitoriano a través de fotos antigas e maquetas. Analizaremos os sospeitosos e tentaremos decidir sobre a súa culpabilidade e, como non, ao sermos un club de lectura, leremos libros e cómics sobre o noso protagonista, e autores como Conan Doyle -a través do seu personaxe Sherlock Holmes-, o seu coetáneo Óscar Wilde e, por suposto, o gran Jules Verne; tres referentes da cultura literaria decimonónica e actual, de antes e de agora...

 

 

Syndicate content


by Dr. Radut