Skip to Content

Entroido

Celebraremos o entroido o venres 21 de febreiro e, como vén sendo tradicional, contamos coa participación de todo o alumnado e comunidade educativa nas diversas actividades e concursos que programamos: disfraces (individuais e grupais), carteis de entroido, sobremesas ou coplas satíricas!

Candeloria

O mes de febreiro chega repleto de actividades e concursos no Proval. Comezamos coas tradicionais coplas de amor co gallo do Día da Candelaria...

Velaquí as finalistas, todas elas de 1º ESO B. 

  • 1º premio:  Jimena Villar (1º B)
  • 2º premio: Carla Salgueiro (1º B)
  • 3º premio: Tania Pereira (1º B)

 Parabéns ás gañadoras e a tod@s os participantes que encheron de cor e creatividade os nosos corredores!

Día da Paz

Hoxe tamén o alumnado de Valores éticos de 1º ESO, coa axuda dos de 4º ESO, deixou a súa pegada artística nas paredes para lembrar o Día da Paz e o respecto polos Dereitos Humanos, co gallo do aniversario da morte do líder pacifista Mahatma Gandhi.

Día de Castelao

Hoxe vivimos unha xornada inzada de lembranzas, xa que cada 30 de xaneiro, alén do Día da Paz, celébrase o Día da Ilustración, coincidindo co Día de Castelao, por ser esta a data do seu nacemento. Con todo, no Proval homenaxeamos a súa figura, trascendental na historia e cultura galegas, durante todo este mes de xaneiro con charlas, exposicións, murais e audiovisuais, porque como el afirmaba...

“ningún idioma alleo, por ilustre que sexa, poderá expresar en nome do noso os íntimos sentimentos, 

as fondas dores e as perdurables esperanzas do pobo galego;

se aínda somos diferentes e capaces de existir, non é máis que por obra e graza do idioma” 

 

 DÍA DE CASTELAO

 

Torneo tenis de mesa

Xa comezaron os torneos de tenis de mesa e, dada a afluencia de xogadores anotados, é posible que se prolonguen ata comezos do mes que vén. Ánimo a todo o alumnado participante e moita sorte, xa que contamos nas filas con experimentad@s xogador@s de elite! 

Syndicate content


by Dr. Radut