Skip to Content

Alejandro

Toda a comunidade educativa do IES Escolas Proval quere expresar o seu agarimo aos familiares e achegados de Alejandro D.M. nestes momentos tan duros.

 O noso máis sentido pésame.

Árbore electrónica

Quen dixo que a decoración de Nadal non podía ser sustentable?

Logo de gañaren hai uns días o concurso galego de robótica, esta mañán o equipo de electrónica volveu sorprendernos cunha marabillosa árbore navideña, acompañada dunha orixinal sagrada familia, elaboradas con materiais de refugallo, como cables vellos de antenas, restos de televisores de tubo, anacos de circuítos integrados, condensadores... Habilidade e creatividade para elaborar este verdadeira obra de arte!

Sen dúbida, decoración enxeñosa e respectuosa co medio, conforme ás premisas que leva anos tentando inculcar na comunidade educativa o noso equipo RRR (Recursos-Residuos,-Responsabilidade).

Grazas e parabéns a José Carlos García e ao seu alumnado polo seu traballo e compromiso!

Álbum: Actividades Curso 2019-2020 -> ArboreNadal

A memoria das pedras

  O departamento de Bioloxía e Historia organizou unha saída didáctica co alumnado de 2º de bacharelato pola contorna de Monteferro. Guiados polo xeólogo Fran Canosa, visitamos diferentes formacións xeóloxicas do Monteferro explicativas da configuración do Val Miñor e da Ría de Vigo. Quedamos marabillados con esta maneira de ver a xeoloxía en vivo e en directo.

Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2019-2020 -> Monteferro

Actividade de escape co Clube de Lectura

O Clube de Lectura A tiro limpo ven de organizar unha actividade no sKapark de Vigo con tres escape room: O legado de Verne, Corredoors e Guantánamo.

Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade.

Álbum: Actividades Curso 2019-2020 -> Escape

Comprometidos pola igualdade

A través de diferentes actividades desenvoltas na semana do 25 de novembro, o IES Escolas Proval reafirma o seu compromiso coa igualdade efectiva de xénero e traballa na súa concienciación entre toda a comunidade educativa.

Selecciona a foto inferior para ver o álbum das actividades

Álbum: Actividades Curso 2019-2020 -> Igualdade
Syndicate content


by Dr. Radut