Skip to Content

Torneo fútbol

Parabéns aos gañadores do torneo de fútbol, o "Rápido de avarías", integrado polos alumnos de 1º do ciclo superior de Administración e finanzas: Gonzalo Moreira, José Luis Rodríguez, Adrián Misa, Alex Hidalgo, Andrés Romero, Víctor Pérez e Pablo Veloso. Noraboa tamén para os finalistas, "Os guapos", e grazas ao resto de participantes, así como aos organizadores de 1º de bacharelato!

Proxecto ProDaes

Infórmase ás familias de que, a partir de mañán, o alumnado de 3º e 4º ESO, bacharelato e FP Básica comezará a realizar as enquisas do proxecto ProDaes.

Dirección do IES Escolas Proval

Programa Refórza-T

Hoxe comeza a desenvolverse no noso centro o programa REFÓRZA-T (Reforzo, orientación e apoio) para o curso 2019-20. Este programa da Conselleria de Educación ten como obxectivo mellorar o rendemento académico do alumnado por medio do traballo ou apoio organizado fóra do horario lectivo, para a adquisición das destrezas básicas, especialmente en matemática, ciencia, tecnoloxía e comunicación lingüística.

Premendo neste enlace podes consultar o itinerario do autobús coas paradas respectivas.

Torneo brilé

 Nos torneos deportivos celebrados nos recreos durante o primeiro trimestre deste curso, organizados polo departamento de Educación Física xunto co alumnado de 1º bacharelato, resultou gañador o equipo de "Os Palilleiros", grupo integrado por Manuel Sanromán, Edgar Pazos, Borja de Saa, Yeray Pazos, Pablo Camesella e Agustín Fernández. Agardaremos a semana que vén para coñecer os gañadoes do torneo de fútbol...

Parabéns aos campións, semifinalistas e a todxs os participantes e organizadores destes fantásticos eventos deportivos!

Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade

 

Álbum: Actividades Curso 2019-2020 -> TorneoBrile

Presentación ESA

ESA

2º e 4º cursos

(13 de febreiro - 19 de xuño 2020)

A presentación e inicio das clases de 2º e 4º da ESA terá lugar o próximo 13 de febreiro ás 18:30 horas na Aula Multiusos (ximnasio)

Syndicate content


by Dr. Radut