Skip to Content

VI Olimpíada de Xeografía

Este ano foron as alumnas de 2 bacharelato A, Nerea Fernández, Denise Giráldez, Lidia Montes, Antía Pérez e Eva Piñeiro -xunto coa súa profesora Tereixa Otero- as nosas representantes na “VI Olimpíada Xeográfica de Galicia” celebrada hoxe na faculdade de Xeografía e Historia do campus compostelán; houbo que madrugar bastante pero pagou a pena vivir a experiencia! 

Las flores de Greta

Hoxe alumnado de ciclo medio e superior de Administrativo puido escoitar a experiencia emprendedora de tres mozas que crearon en Morgadáns a empresa innovadora e ecolóxica “Las flores de Greta”; empregando a técnica artesanal do ecoprint son quen de estampar as cores das follas e flores en tecidos de orixe orgánica como a seda, a la, o liño ou o algodón.

.

 

Probas de acceso aos ciclos

Xa podedes consultar neste enlace o calendario coas probas de acceso a ciclos medios e superiores de Formación Profesional, así como o período de inscrición. 

Eduemprende

Dentro do programa Eduemprende Actúa, acudiron hoxe ao centro María Boo (técnica do IGAPE e asesora de emprendemento no sistema educativo Educational Adviser) e Manuel Pita (emprendedor licenciado en Química) para impartir a charla: “Actividade emprendedora como unha alternativa laboral para o alumnado”. A este evento promovido polo dpto. Orientación e FOL acudiu alumnado de bacharelato, ciclo medio de Xestión Administrativa e ciclo superior de Electrónica e Comunicacións.

 

Syndicate content


by Dr. Radut