Skip to Content

Listaxe de admisión a FP Básica 2019-20

  • Prema no arquivo adxunto para ver a listaxe de admisión a 1º de FP Básica no ciclo de Informática e comunicacións
  • As reclamacións a esta listaxe poden tramitarse os días 16 e 17 de setembro
  • No caso de seren admitidos, lembren que o prazo para a formalización da matrícula é do 13 ao 20 de setembro

Listaxe provisional de solicitantes a ciclos formativos 2019

Velaquí podes consultar a listaxe provisional de solicitantes a ciclos formativos de grao medio na convocatoria extraordinaria 2019, tanto en réxime ordinario como para persoas adultas.

Comezo de curso 2019-20

 

ESO, Bacharelato e Formación Profesional Básica

  • O vindeiro 16 de setembro ás 8:45 horas, o alumnado destes niveis educativos realizará a presentación do curso cos seus titores e titoras. As listaxes co alumnado asignado a cada grupo estarán expostas no porche de entrada do edificio superior.
  • Os autobuses recollerán o alumnado nas paradas e horarios habituais e ás 11:00 horas levarano de volta a casa. Ese día non haberá clases pola tarde.
  • O martes 17 de setembro iniciaranse as actividades lectivas no horario habitual do centro aducativo; isto é, de 8:45 a 14:30 horas.

 

ESA

  • A presentación neste nivel educativo será o luns 16 de setembro ás 18:50 horas na Aula Multiusos.
  • O inicio das clases será o luns 23 de setembro ás 18:10 horas.

 

Ciclos de Formación Profesional 

  • A presentación dos ciclos de diúrno será o luns 16 de setembro ás 10:00 horas.
  • A presentación dos ciclos de nocturno será o luns 16 de setembro ás 19:00 horas.

Convocatoria xeral de bolsas de estudo

  Ata o 1 de outubro está aberto o prazo para a presentación telemática das bolsas de estudio para cursar Bacharelato, Ciclos Formativos de grao medio e superior e FP Básica

Admisión e matrícula en Ciclos Formativos para o Curso 2019/20

O prazo extraordinario de presentación de solicitudes de admisión para cursar ciclos medios será dende o luns 2 de setembro ata as 13 horas do 10 de setembro.

Alumnado que vaia cursar ciclos medios: 1º  do réxime ordinario ou calquera módulo de adultos

Todos os ciclos superiores que impartimos (Administración e finanzas, Mantemento Electrónico e Sistemas

de Telecumunicación e Informáticos)  teñen prazas vacantes e están liberados ata as 13 horas do 27 de setembro

  • Pode facerse a matrícula directamente na Secretaría do noso centro. Máis información aquí.
Syndicate content


by Dr. Radut