Skip to Content

Aviso sobre a 2ª avaliación

 

Resumo das instrucións emitidas no día de hoxe pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional: 

  1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.

  2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.

  3. No caso das ensinanzas de formación profesional de grao medio e grao superior na avaliación parcial de módulos do segundo curso no réxime ordinario, o equipo docente tomará as decisións de acceso do alumnado á FCT e, nos ciclos de grao superior, o módulo de proxecto.

  En virtude do exposto máis arriba, informo á comunidade educativa do seguinte:

     1. Os boletíns de notas correspondentes á segunda avaliación serán enviados por Abalar o día 3 de abril, ás 14:00 horas.

    2. Dadas as circunstancias derivadas do estado de alarma polo COVID-19, non se emitirán boletíns de cualificacións en soporte papel, polo que se recomenda vivamente ás familias dos menores, e ao alumnado maior de idade, a descarga da aplicación abalarMóbil. Máis información no seguinte enlace.

  

Daniel Ángel Mulet Pérez

Director do IES Escolas Proval

Directrices para o teletraballo

Por mor da suspensión temporal da actividade educativa presencial en todos os centros educativos, o CAFI pon a disposición do profesorado unha serie de recursos formativos e materiais educativos dixitais para o desenvolvemento da aprendizaxe a distancia. Para visualizar ditos servizos e recursos prémase no documento anexo

Tarefas para a ESA

Premendo neste enlace poden consultarse os medios telemáticos qu empregará o profesorado da ESA para xestionar o traballo do seu alumnado durante estas dúas semanas.

Tarefas para os ciclos formativos

Na táboas que adxuntamos no parágrafo inferior recóllense os medios telemáticos a través dos que se pode contactar co profesorado que imparte docencia nos ciclos formativos. A maioría son os mesmos que xa se viñan utilizando ao longo do curso. Por favor, o alumnado deberá comunicarse co seu profesorado a través dos medios consignados para recibir as instrucións correspondentes para o desenvolvemento das materias mentres dure a situación de alerta polo Covid-19.

Prema nos seguintes enlaces para ver a táboa de Administrativo, Electrónica e Formación e Orientación laboral.

 

Tarefas para ESO e bacharelato

Para acceder ás tarefas e orientacións emitidas polo profesorado para os diferentes cursos, hai que premer no curso correspondente da primeira columna (esquerda); e, para visualizar os documentos anexos relacionados con ditas tarefas, débese premer nos enlaces da segunda columna (dereita). Cómpre ter en conta que esta programación é provisional e estarase actualizando conforme avancen os días.

TAREFAS POR CURSOS FICHEIROS ANEXOS
TAREFAS 1º ESO

mate1ESOAdolfo

relixión1ESO

relixiónanexo1ESO

educFísica1ESO

plástica1ESO

ObradoiroMusical1ESO

mate1ESORaquelACS

mate1ESORaquel1

mate1ESORaquel2

mateDiego1ESO1

mateDiego1ESO2

galegoÁnxeles1ESO

francés1/2LE-1ESO

hábitos1ESO

PT1ESO-LC1(novo)

PT1ESO-LC2(novo)

PT1ESO-LCcomprensión(novo)

PT1ESO-LCdictados(novo)

PT1ESO-Mate(novo)

PT1ESO-LC5ampliaciónMate(novo)

TAREFAS 2º ESO

mateAdolfo2ESO

relixión2ESO

relixiónanexo2ESO1

relixiónanexo2ESO2

música2ESO

mateDiego2ESO

mateGonzalo2ESO

FeQ2ESOA

francés2LE-2ESO

programación2ESOA

PT2ESO-LC1(novo)

PT2ESO-LC2(novo)

PT2ESO-LCcomprensión(novo)

PT2ESO-LCdictados(novo)

 TAREFAS 3º ESO

mateAdolfo3ESO

relixión3ESO

relixiónanexo3ESO

mateAcadRaquel3ESO

mateAplicGonzalo3ESO

mateGonzalo3ESO

FeQ3ESOA

músicaZarabanda3ESO

francés1+2LE-3ESO

plástica3ESO

TAREFAS 4º ESO

mateAcadRaquel4ESO

latín4ESO

mateDiego4ESO

relixión4ESO

relixiónanexo4ESO

plástica4ESO

bioloxía4ESO

TAREFAS 1º BAC

latín1BAC

grego1BAC

mateAplicRaquel1BAC1

mateAplicRaquel1BAC2

mateAplicRaquel1BAC3

mateDiego1BAC

FQ1BAC

relixión1BAC

francés2LE-1BAC

bioloxía1BAC

debuxoArt1BAC

debuxoTéc1BAC

 TAREFAS 2º BAC

latín2BAC

grego2BAC

MétodosGonzalo2BAC

física2BACB

mateAplicCCSSGonzalo2BAC

bioloxía2BAC

debuxoTéc2BAC

TEGP2BAC

 

 

Syndicate content


by Dr. Radut