Skip to Content

Instrucións para a realización da ABAU

Publicada a Resolución do 28 de abril de 2020, pola que se modifica a Resolución do 26 de febreiro de 2020 pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2019/20, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2020/21.

 

Instrucións definitivas para o 3º trimestre

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a resolución na que se ditan as instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre do 2019-2020 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Modelos de exame ABAU 2020

A CIUG vén de publicar na súa páxina web os modelos de exame de cada materia para este curso acdémico 2019-2020. Prestade atención ás novidades e ás características da ABAU publicadas no BOE do 23 de abril.

Para maior información véxase tamén a Resolución do 28 de abril de 2020 pola que se modifica a Resolución do 26 de febreiro, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2019/2020, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para o curso 2020/2021.

Directrices para o 3º trimestre

O Ministerio de Educación publicou hoxe no BOE a orde EFP/365/2020, de 22 de abril, pola que se establecen o marco e as directrices de actuación para o terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso 2020-2021, ante a situación de crise ocasionada polo COVID-19. 

 

 

Medidas excepcionais na Formación Profesional

Publicada a Resolución pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e nas ensinanzas de réxime especial:

Syndicate content


by Dr. Radut