Orientación

TODOS OS ESTUDOS UNIVERSITARIOS E NOTAS DE CORTE A NIVEL NACIONAL

Enviado por Anónimo o Mar, 25/03/2014 - 08:35

Xunto enlace a QUEDU, un magnífico sitio creado baixo a coordinación do Ministerio de Cultura, Educación e Deporte no que atoparedes, organizados por ramas de coñecemento, TODOS OS ESTUDOS UNIVERSITARIOS no país, coa correspondente nota de corte e co enlace á universidade na que se imparte.

Con el podemos acceder dunha forma moi rápida ao programa de cada un dos graos, comparar dun golpe as notas de corte en toda España, ver a oferta na univesidade pública e privada.. e MESMO O RENDEMENTO MEDIO NO CURSO!

Agardo vos sexa de utilidade...

( categories: )

SEMANA VOCACIONAL

Enviado por Anónimo o Lun, 17/03/2014 - 06:55

Esta semana, entre os días 17 e 21 de marzo, terá lugar no Instituto a Semana Vocacional, cunha serie de charlas dirixidas a facilitar a complexa toma de decisións ás que se ve sometido o alumnado nos cursos terminais. 

Ás conferencias, asistirán o alumnado de 2º e 1º de Bacharelato, así coma os de 4º da ESO e PCPI. Todo aquel que esté interesado en participar, pode facelo sen previo aviso.

Agardamos tamén, como non, ás familias!

( categories: )

TESTS DE INTERESES PROFESIONAIS E VOCACIONAIS

Enviado por Anónimo o Xov, 13/03/2014 - 08:04
( categories: )

BUSCAR NA REDE CON EFICIENCIA

Enviado por Anónimo o Xov, 13/03/2014 - 07:59

Un magnífico traballo que nos axudar a facer boas búsquedas na rede! Pica neste enlace.

De Olga Rodriguez Díaz, mestra e responsable da Biblioteca Escolar do CEIP Milladoiro

( categories: )

CHARLA PARA AS FAMILIAS: PREVENCIÓN DO CONSUMO DE DROGAS E OUTRAS SUSTANCIAS ADICTIVAS NOS ADOLESCENTES

Enviado por Anónimo o Lun, 24/02/2014 - 07:56

MÉRCORES 26 DE FEBREIRO ÁS 11:00 NO SALÓN DE ACTOS

( categories: )

CHARLA-COLOQUIO DE MAN DE EVA LÓPEZ: WOMAN EMPRENDE

Enviado por Anónimo o Xov, 20/02/2014 - 05:13

Eva López, responsable do programa Woman Emprende, da Universidade de Santiago de Compostela, acudiu ao noso instituto para ofrecer unha visión ao alumnado sobre as posibilidades en canto a emprendemento e os recursos dos que pode facer uso na universidade unha vez rematada a súa formación universitaria.

A dita actividade asistiron a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias. Pola parte do concello, contamos tamén coa asistencia do alcalde, Xosé Mª Teixido Núñez, e coa concelleira de Servizos Sociais, Cultura e Educación: María Manuela Carballeira García.



( categories: )

Premio

Enviado por admin o Xov, 30/01/2014 - 05:05

Un dos nosos alumnos ven de ser galardonado co PREMIO DE E.S.O. AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN PERSOAL, na súa convocatoria correspondente ao curso 2012-103.

Dende aquí facemos públicos os nosos parabéns ao alumno e á súa familia, e animamos á comunidade educativa a seguir traballando neste camiño que parece non ser o errado.

NORABOA!

( categories: )

E... QUÉ FAGO SE NON ME CHEGA A NOTA?

Enviado por Anónimo o Ven, 17/01/2014 - 07:59

En primeiro lugar, debes saber que cando recibes a acreditación coas notas da PAU aínda non sabes cal vai ser a nota de admisión para ese ano na titulación que queres elixir.

Só tes a referencia das de cursos anteriores e iso sérveche para orientarte.

QUE PODES FACER SE SOSPEITAS QUE NON CHE VAI A DAR A NOTA?

1. Mantén a calma, estar nervioso vaiche a impedir tomar a decisión adecuada dos pasos a seguir.

2. Volver investigar toda a oferta universitaria. Poida que descubras que hai outros centros onde che pode dar a nota.

3. Outra opción se as circunstancias persoais permítencho é valorar a opción dunha Universidade Privada

4. Valorar estudos similares.  Quizais descubras algunha titulación afín aos estudos que che interesan.

5. Tratar de subir a nota, presentándote de novo á PAU. Tes que saber que aínda que sacases un 13, non che valera para entrar nunha carreira que esgotase as súas prazas na primeira convocatoria, pero si para o próximo curso. 

6. Analizar outras vías alternativas de acceso

Estudar un ciclo formativo de grao superior. Tes que ter en conta os criterios de acceso á universidade desde esta vía.

Comezar a estudar unha carreira da mesma rama de coñecemento. É unha opción que require unha profunda reflexión. Para iso, " teranse en conta as solicitudes de prazas aos que se lles recoñeza un mínimo de 30 créditos de acordo co disposto no artigo 6 do Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro"; os que non teñan dito recoñecemento deberán incorporarse ao proceso xeral de admisión". Cada Universidade regula o procedemento 

( categories: )

NOTAS DE CORTE EN TODAS AS UNIVERSIDADES

Enviado por Anónimo o Ven, 17/01/2014 - 07:54

XUNTO ENLACE COAS NOTAS DE CORTE, CLASIFICADAS POR ESTUDOS, E POR PROVINCIAS.

NESTE SENTIDO, DEBEDES TER EN CONTA UNHA SERIE DE CUESTIÓNS:

  • Existen só para a universidade pública , as privadas utilizan outros criterios de selección. Son un filtro que ordena a entrada na universidade pública, en función do número de prazas que existen e o número de alumnos que as solicitan. As privadas non utilizan unha nota de corte para decidir a admisión dun alumno, senón que teñen en conta outros criterios (media de bacharelato, resultados de probas específicas...).
  •  Cambian cada ano. O habitual é que oscilen unhas décimas cara arriba ou cara abaixo. Adoita ocorrer que algunhas carreiras "póñense de moda" e ao pedilas moita xente a nota de corte sobe. 
  •  Non teñen que ver coa dificultade da Carreira. O que a nota de acceso a unha universidade sexa máis alta ou menos, depende só do número de prazas que a universidade ten e o número de estudantes que a solicitan.
  • Son só orientativas para o curso.
( categories: )

UN POUCO DE SELECTIVIDADE

Enviado por Anónimo o Xov, 16/01/2014 - 04:58

XA QUEDA MENOS PARA A GRAN PROBA.... A SELECTIVDADE! PARA QUE POIDAMOS IR FACENDO AS NOSAS CONTAS, DÉIXOVOS UN ENLACE COAS PONDERACIÓNS EN TODO O TERRITORIO ESPAÑOL. ALGUNHA COMUNIDADE AÍNDA ESTÁ PENDENTE DE ACTUALIZAR, PERO INFORMAREIVOS DE NOVIDADES.

PONDERACIÓNS POR COMUNIDADE AUTÓNOMA

 

PARA O MES DE MARZO, TENTAREI FACER UNHA SERIE DE SESIÓNS INFORMATIVAS NO CENTRO, DA MAN DE ESPECIALISTAS DOS DIFERENTES ÁMBITOS E UNIVERSIDADES. COLGAREI EN CADA MOMENTO OS MATERIAIS QUE SE EMPREGUEN NAS MESMAS, ASÍ QUE ESTADE TRANQUILOS, TRABALLADE A FONDO, E, TRAS A SEGUNDA AVALIACIÓN, ADICARÉMOSLLE TEMPO SUFICIENTE A TODAS AS DÚBIDAS QUE POIDAN XURDIR

( categories: )
Distribuir contido