E... QUÉ FAGO SE NON ME CHEGA A NOTA?

Enviado por Anónimo o Ven, 17/01/2014 - 07:59

En primeiro lugar, debes saber que cando recibes a acreditación coas notas da PAU aínda non sabes cal vai ser a nota de admisión para ese ano na titulación que queres elixir.

Só tes a referencia das de cursos anteriores e iso sérveche para orientarte.

QUE PODES FACER SE SOSPEITAS QUE NON CHE VAI A DAR A NOTA?

1. Mantén a calma, estar nervioso vaiche a impedir tomar a decisión adecuada dos pasos a seguir.

2. Volver investigar toda a oferta universitaria. Poida que descubras que hai outros centros onde che pode dar a nota.

3. Outra opción se as circunstancias persoais permítencho é valorar a opción dunha Universidade Privada

4. Valorar estudos similares.  Quizais descubras algunha titulación afín aos estudos que che interesan.

5. Tratar de subir a nota, presentándote de novo á PAU. Tes que saber que aínda que sacases un 13, non che valera para entrar nunha carreira que esgotase as súas prazas na primeira convocatoria, pero si para o próximo curso. 

6. Analizar outras vías alternativas de acceso

Estudar un ciclo formativo de grao superior. Tes que ter en conta os criterios de acceso á universidade desde esta vía.

Comezar a estudar unha carreira da mesma rama de coñecemento. É unha opción que require unha profunda reflexión. Para iso, " teranse en conta as solicitudes de prazas aos que se lles recoñeza un mínimo de 30 créditos de acordo co disposto no artigo 6 do Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro"; os que non teñan dito recoñecemento deberán incorporarse ao proceso xeral de admisión". Cada Universidade regula o procedemento 

( categories: )