Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
Educación FísicaDEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA: "EDUCACIÓN FÍSICA" E "VIDA SAUDABLE E DEPORTIVA"Enviado por Anónimo o Mar, 25/10/2011 - 17:24
( categories: )
RESUMO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2021/2022 POR NIVEIS DAS MATERIAS "EDUCACIÓN FÍSICA" E "VIDA SAUDABLE DE DEPORTIVA"Enviado por noefp o Mér, 15/09/2021 - 06:42
Deixovos de seguido un enlace ao resumo da programación didáctica por nivel das materias de "Educación Física" e "Vida saudable e deportiva" para o curso académico 2021/2022.
https://drive.google.com/drive/folders/1kXT-hWi3YWkawlLC6E29Wf4Kk3X7Zstt ( categories: )
ADAPTACIÓNS CURRICULARES 19-20Enviado por admin o Mér, 13/05/2020 - 12:10
( categories: )
PROXECTA "DONAS DE SÍ" : "MULLERES DEPORTISTAS DESTACADAS OU EQUIPOS FEMENINOS DESTACADOS AO LONGO DA HISTORIA"Enviado por noefp o Sáb, 09/05/2020 - 10:00
Esta semana do 04-08 de maio fixemos unha actividade enmarcada no proxecto que estase a desenvolver no centro: "Donas de sí", proxecto que loita pola igualdade de xénero, e no cal participa activamente o Departamento de Educación Física.
O alumnado fixo unha liña de tempo, dende o seu ano de nacemento ata o ano 2020 ( ambos inclusive), destacando cada ano un feito importante que fixera unha muller deportista ou un equipo de mulleres deportistas.
A continuación quero amosarvos os traballos máis completos que recibin do alumnado dende 1º ESO ata 1º BAC.
ÁLEX BARREIRO 2º ESO A
HUGO SANMARTÍN 3º ESO BILINGÜE NARA GÓMEZ GÓMEZ 2º ESO A Moitas gracias a todo o alumnado polos vosos traballos!
Enriqueta Basilio fue la primera mujer que encendió el fuego olímpico. Juegos Olímpicos, México 1968. ( categories: )
PROXECTA: PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO (PDC) " DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA: HOMENAXE A JONATHAN CARRO"Enviado por noefp o Sáb, 09/05/2020 - 09:53
Esta semana celebrouse o martes 28 de abril, o "Día da Educación Física", normalmente na rúa, pero como estamos confinados foi na casa, homenaxeando nesta ocasión ao noso ex-alumno Jonathan Carro falecido recentemente.
-Que fixemos?
Vídeos curtos realizando algunha actividade física relacionada coa EF e subindo os mesmos ás redes sociais: Twitter, Facebook, Instagram, Tik Tok… co hashtag: #DEFC2020 #DEFR2020
O reto foi inundar as redes sociais con ese hashtag para que o "Día da Educación Física na rúa (casa)" fose coñecido e ao mesmo tempo rendimoslle unha pequena homenaxe ao noso ex alumno pionero da Ximnasia Rítmica masculina en Lugo e en toda España.
TRABALLOS DA HOMENAXE: ( categories: )
PROXECTA: PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO (PDC) CONCURSO DE RETOS DEPORTIVOS.Enviado por noefp o Sáb, 09/05/2020 - 09:39
Esta semana do 20-24 de abril toca seguir movendonos: CLASIFICACIÓN DO CONCURSO: https://view.genial.ly/5ea7f07963f88b0d7314435f
#todosairáben
#quedanacasa
#apoioincondicional2bac
( categories: )
PROXECTA: PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO (PDC): CONCURSO DE REDACCIÓN DE BALONCESTOEnviado por noefp o Sáb, 09/05/2020 - 09:31
Concurso de redacción sobre Baloncesto no periodo de confinamento debido ao COVID-19, onde alumnado dende 1º a 4º ESO pode participar.
PREMIOS: Campus de basket y 4 entradas de la Liga Endesa.
Bases do Concurso de redacción: https://drive.google.com/file/d/1SoGt7mx1aHKA9WZUxlEB5J09wgn7eQnC/view
( categories: )
PROXECTA: PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO (PDC): CARREIRA DE ORIENTACIÓN LEG-O PRECISIÓN.Enviado por noefp o Sáb, 09/05/2020 - 09:25
Competición de Orientación Deportiva no periodo de confinamento debido ao COVID-19, estará aberta do 13-19 Abril ata ás 23h
( categories: )
PROXECTA: "PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO" ( PDC) " MOVEMENTO EMOCIONAL"Enviado por noefp o Sáb, 09/05/2020 - 08:13
Ola a todos/as! Este traballo sobre "Movemento emocional", feito na semana do 23-27 de marzo no periodo de confinamento na casa debido ao COVID-19, por todo o alumnado de 1º a 4º ESO e 1º,2ºBAC en grupos de 6 alumnos/as e INTERDISCIPLINAR entre as materias de: "Educación Física" e "Educación Plástica e Visual"
*Tivo os seguintes obxectivos do traballo:
- Coñecer as emocións básicas, tomar conciencia delas e recoñecer como éstas se xeran en nós.
- Fomentar a expresión emocional e favorecer a comunicación non verbal mediante expresión corporal e expresión artística.
- Recoñecer as emocions dos demáis.
- Recoñecer como a emocionalidade afecta a nosa corporalidade e ao revés.
No seguínte enlace podedes ver un dos traballos presentados por Josué e Anxo de 1ªA
( categories: )
PROXECTA: PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO (PDC) "VIAXE A NEVE" JACA 2020Enviado por noefp o Sáb, 09/05/2020 - 07:54
Este curso académico o alumnado de 1ºESO, 2º ESO e 1ºBAC acompañados das súas profesoras Nuria Pena e Noemí Fernández, disfrutaron dunha magnífica semana blanca na estación de esquí de Astún do 12 ao 17 de xaneiro, aloxándose todo o grupo no Gran Hotel de JACA.
De seguido podedes ver un resumo de como foi a viaxe.
DOMINGO
Foi estupendo! Tivemos un gran comenzo e chegamos a Jaca sobre as 18:30, descargamos maletas e fomos alugar o material, para estar listos e dalo todo ao día seguínte nas pistas.
Despois de alugar, fomos de volta ao hotel, para deixar o material de Esquí/Snow. Completamos nosa tarde cunha volta por Jaca para coñecelo de primera mao. Tras a merecida cea no Hotel, tivemos a reunión onde explicouse o funcionamento da semana e disfrutamos de varios xogos organizados polos monitores de Proyecta Sport. LUNS Tivemos un día espectacular de neve, cargado de aprendizaxe e diversión. O día foi soleado e cunha temperatura moi agradable polo que puidemos disfrutar ao máximo da estación ata última hora da tarde. Os debutantes xa fan os seus primeiros deslizamentos e os niveis máis altos xa disfrutan das cotas máis altas tras a proba de nivel de primeira hora da mañá. Tras esta intensa xornada de esquí e snow pasamos polo hotel para poder ducharnos e rápidamente poner rumbo á bolera. Tras a merecida cea fixemos unha entretida velada onde todos puidemos demostrar as nosas destrezas en diferentes xogos. MARTES Hoxe tivemos un magnífico día de sol e boas temperaturas, disfrutamos dun completo día de neve! Os debutantes continúan os seus avances e incluso algúns xa se atreven a baixar pistas azuis! Os niveis máis altos aumentan cada día máis a súa técnica e disfrutan das pistas de maior dificultade. Esta tarde tras a ducha, fixemos unha gymkhana de selfies para despois disfrutar da cea. Despois de cear coma sempre, fixemos unha velada nocturna para despedir o día. MÉRCORES Hoxe o día amaneceu anubrado, pero non hai nada que nos pare! Seguimos evolucionando en todos os niveis e non paramos nin un minuto. A temperatura volveu ser moi agradable e levantámonos cargados de enerxía para poder disfrutar doutro día completo de esquí e snow. Pola tarde disfrutamos dunha Gymkhana cultural polo centro de Jaca. Despois de cenar disfrutamos dunha divertidisima humorada. XOVES Hoxe o día levantouse con algunha nube, pero non hai nada que nos pare! Seguimos evolucionando en todos os niveis e non paramos nin un minuto. A temperatura era agradable e levantámonos cargados de enerxía para poder disfrutar do noso último día completo de esquí e snow. Pola tarde fomos ao centro de Jaca para poder despedir a nosa última tarde xuntos. Despois da cea e de preparar as nosas maletas, compartimos unha noite de baile e diversión na discoteca do centro histórico de Jaca. VENRES
Hoxe o día amaneceu anubrado, cando chegamos a estación de Astún estaba nevando. Tivemos unha magnifica mañá de esquí entre folerpas, ademáis aproveitamos para sacar as últimas fotos e vídeos dos progresos en esquí e snow.
Ao mediodía voltamos ao hotel e despois dunha ducha puxemos rumbo a casa non sin antes botar unhas lágrimas despedíndo aos magnificos monitores de Proyecta Sport.
Moitas gracias pola vosa colaboración en todo momento, ademáis de por deixar Guitiriz ben alto coa vosa boa conducta tanto no hotel como cos monitores e profesoras.
Esperamos que o pasarades ben e que vos animedes a repetir!
( categories: )
|
Eventos
MEDIACIÓN DÍAZ CASTROEnlace ao espazo de Mediación: contacto, novas, actividade...
XUNTA DE DELEGADOSEnlace ao espazo da Xunta de Delegados: actividade, contacto, novas... FORO DA COMUNIDADEEnlace ao espazo do Foro da Comunidade, o noso espazo de diálogo e toma de decisións. |