Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
NovasDistribución de máscaras entre o alumnadoEnviado por admin o Ven, 19/11/2021 - 05:43
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven de publicar a Orde que regula o procedemento para distribución de máscaras entre o alumnado. Será beneficiario deste reparto o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar. O resto do alumnado, deberá cursar solicitude e cumprir o requisito de pertencer a unha familia con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €, ou estar matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou ter unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con indepencia da renda familiar. O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de novembro de 2021. Deberán achegar, xunto coa solicitude (Anexo I): a) Documento de comprobación de datos (Anexo II). b) Copia do libro de familia onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. c) Certificado do grao de discapacidade, se fose o caso. d) Documentacion xustificativa da situación de violencia de xénero, se fose o caso. e) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento, se fose o caso. g) Certificado de convivencia, se fose o caso.
Información completa na ORDE do 28 de outubro de 2021.
( categories: )
VALES MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2021-2022Enviado por admin o Mar, 13/07/2021 - 06:19
Os/as solicitantes de vales para material escolar para o vindeiro curso 2021-2022 que aprobaron todas as materias na convocatoria ordinaria de xuño de 2021 xa poden recoller os seus vales no centro, de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00 horas. ( categories: )
2ª REUNIÓN DE TITORÍAEnviado por admin o Mér, 11/04/2012 - 08:39
Unha vez concluída a 2ª avaliación, e tal como se recolle no artigo 25 do Regulamento de Réxime Interior, está convocada unha reunión cos pais e nais do alumnado. Esta reunión terá lugar o xoves 12 de abril pola tarde, segundo o seguinte horario:
16:00 h: 1º, 2º 3º e 3ºPDC de E.S.O., e P.C.P.I. Soldadura 17:00 h: 4º, 4ºPDC de E.S.O. e 1º e 2º de BACHARELATO
Con anterioridade, ás 15:30 h. terá lugar a reunión dos pais/nais dos alumnos/as de 3º e 4º de E.S.O. que viaxarán a Londres entre os días 23 e 27 de abril. ( categories: )
1ª Reunión dos pais/nais cos Titores/as dos seus fillos/asEnviado por admin o Ven, 23/09/2011 - 04:55
00/00/
Array
Como é habitual, neste mes de outubro os/as profesores/as titores/as deste Centro reuniránse cos/as pais/nais dos seus grupos para un primeiro achegamento que pretendemos facilite os posteriores contactos entre uns e outros. A data desta primeria reunión será o 18 de outubro, e o horario definitivo da dita reunión será comunicado por escrito e a través dos/as seus/súas fillos/as. ( categories: )
|
Eventos
MEDIACIÓN DÍAZ CASTROEnlace ao espazo de Mediación: contacto, novas, actividade...
XUNTA DE DELEGADOSEnlace ao espazo da Xunta de Delegados: actividade, contacto, novas... FORO DA COMUNIDADEEnlace ao espazo do Foro da Comunidade, o noso espazo de diálogo e toma de decisións. |