PROXECTA: PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO (PDC) " DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA: HOMENAXE A JONATHAN CARRO"

Enviado por noefp o Sáb, 09/05/2020 - 09:53
Esta semana celebrouse o martes 28 de abril, o "Día da Educación Física", normalmente na rúa, pero como estamos confinados foi na casa, homenaxeando nesta ocasión ao noso ex-alumno Jonathan Carro falecido recentemente.

 

-Que fixemos? 
Vídeos curtos realizando algunha actividade física relacionada coa EF e subindo os mesmos ás redes sociais:  Twitter, Facebook, Instagram, Tik Tok…  co hashtag: #DEFC2020 #DEFR2020
O reto foi inundar as redes sociais con ese hashtag para que o "Día da Educación Física na rúa (casa)" fose coñecido e ao mesmo tempo rendimoslle unha pequena homenaxe ao noso ex alumno pionero da Ximnasia Rítmica masculina en Lugo e en toda España.
 

TRABALLOS DA HOMENAXE: 

https://view.genial.ly/5ea88959ac73420d83b7d0a8

( categories: )