NOTAS DE CORTE EN TODAS AS UNIVERSIDADES

Enviado por Anónimo o Ven, 17/01/2014 - 07:54

XUNTO ENLACE COAS NOTAS DE CORTE, CLASIFICADAS POR ESTUDOS, E POR PROVINCIAS.

NESTE SENTIDO, DEBEDES TER EN CONTA UNHA SERIE DE CUESTIÓNS:

  • Existen só para a universidade pública , as privadas utilizan outros criterios de selección. Son un filtro que ordena a entrada na universidade pública, en función do número de prazas que existen e o número de alumnos que as solicitan. As privadas non utilizan unha nota de corte para decidir a admisión dun alumno, senón que teñen en conta outros criterios (media de bacharelato, resultados de probas específicas...).
  •  Cambian cada ano. O habitual é que oscilen unhas décimas cara arriba ou cara abaixo. Adoita ocorrer que algunhas carreiras "póñense de moda" e ao pedilas moita xente a nota de corte sobe. 
  •  Non teñen que ver coa dificultade da Carreira. O que a nota de acceso a unha universidade sexa máis alta ou menos, depende só do número de prazas que a universidade ten e o número de estudantes que a solicitan.
  • Son só orientativas para o curso.
( categories: )