Hoxe deron comezo as actividades que temos programadas para celebrar o 30 ANIVERSARIO do noso instituto. Tivemos o privilexio de escoitar a unha das voces máis autorizadas para falar de Rosalía de Castro. No mes de Rosalía, acompañounos Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, académico de número da Real Academia Galega, profesor da Universidade de Vigo e escritor de obra literaria inconfundible e recoñecida pola crítica e o público. Unha sorte poder escoitalo declamando á nosa poeta máis universal. A rapazada soubo entender que Anxo Angueira, ademais de coñecer en profundidade a obra da autora padronesa, ten moi claro que a súa vixencia contemporánea explícase en grande medida polo seu compromiso feminista e social, nun tempo cheo de atrancos para ver cumpridos os seus soños de liberdade e independencia.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer