Estes son os contidos previstos para o "PFAC Abalar", que desenvolveremos ao longo do curso. Na primeira reunión do grupo, o 16 de novembro, valoraremos a súa adecuación ás nosas necesidades.
Contidos previstos:
1. Introdución á metodoloxía de proxectos. (Relator externo)
2. Introdución básica á aula Abalar.
2.1 O encerado dixital.
2.2 Os ultraportátiles do alumnado e o portátil do profesorado.
2.3 O armario de carga.
2.4 A rede wifi.
3. A web 2.0, un mundo de posibilidades. Ferramentas colaborativas de aplicación na aula e para compartir experiencias en rede. (Relator externo)
4. Profundando no equipamento Abalar. (Relator externo)
4.1 A rede e o servidor Abalar.
4.2 Webs dinámicas (aula virtual, portal do centro): posibilidades.
4.3 Os blogues nas webs dinámicas con drupal.
5. Profundando no equipamento Abalar.
5.1 Xestor de recursos educativos no servidor.
5.2 Software Abalar.
5.3 iTalc.
5.4 Sigala.
6. A web 2.0 como fonte de actualización e autoformación permanente. As contornas persoais de aprendizaxe. (Relator externo)
Sesións prácticas
Google: mapas, calendarios, Google Docs, Google Grupos, Google Sites, Google +...
Twitter
Ferramentas de audio e vídeo.