Skip to Content

Musigal

Musigal23

Xa acabou a fase das votacións.  

No máis alto do podio quedou Berto. Parabéns!!

 

Musigal 23

Xa chegamos á rolda final do Musigal 2023. Estas son as 10 cancións que chegaron. Escóitaas e vota.  

Sortéanse puntos, bocatas  e unha camiseta (exposta na cortiza do EDLG) por participar.

MUSIGAL 2023

Comeza o Musigal para escoller a canción do 2022 que máis nos gustou.

Participa propoñendo cancións para seren incluídas nas roldas clasificatorias. Manda as túas proposta ao edlg@iesdavidbujan.gal ( co asunto "Musigal 2022") ou informa o  profesorado de LG ou do EDLG. Podes conseguir puntos do EDLG

Tamén podes participar votando as cancións xa propostas, dende a túa sesión (coa conta do centro). Só podes votar unha vez por eliminatoria.

Para seleccionar as finalistas faranse tantas roldas como cancións se propoñan. Sortearase unha camiseta, bocatas e  puntos do EDLG entre os que voten.  

Embaixo irán aparecendo todas as elimatorias

  

Musigal 2022

"Terra" de Tanxugueiras vencedora no Musigal do IES David Buján

 

O IES David Buján acaba de celebrar un ano máis o certame Musigal, unha actividade que  ten como obxectivo principal difundir a música galega entre o estudantado. 

O certame está organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento da Lingua Galega que durante o curso traballande forma didáctica  os textos e as música,  para despois escoller, mediante votación en liña, as cancións finalistas e  vencedoras das publicadas en galego no ano 2021.

Este ano chegaron á final 11 cancións   e resultou gañadora "Terra" de Tanxugueiras co 39,6% dos votosQuedaron como segunda e terceira canción "OG" de Dios Ke Te Crew feat Boyanka Kostova  (24,6%) e "Midas" de Tanxugueiras (12,3%), respectivamente.

 

Parabéns

 

 

Musigal 2022: final

 Xa sabemos que cancións do 2021 chegaron á final.

Despois de catorce roldas clasificatorias chegou o momento de votar.

Sortéanse puntos do EDLG e gorentosos premios da cafetaría

Para votar debes acceder á imaxe interactiva que está debaixo. Podes escoitar as cancións premendo nas distintas marcas amarelas.  Despois accede á icona de votar.   Só se pode votar unha vez.

A enquisa recolle a conta de correo (só pode ser a @iesdavidbujan.gal)  para o sorteo dos puntos e dos gorentosos premios  da cafetaría de Aurora.

En galego hai un mundo de música para escoitar!!

MUSIGAL 2022: roldas clasificatorias

Comeza o Musigal para escoller a canción do 2021 que máis nos gustou.

Participa propoñendo cancións para seren incluídas nas roldas clasificatorias. Manda as túas proposta ao edlg@iesdavidbujan.gal (cancións do 2021). Podes conseguir puntos do EDLG

Tamén podes participar votando as cancións xa propostas, dende a túa sesión (coa conta do centro). Só podes votar unha vez por eliminatoria.

Para seleccionar as finalistas faranse tantas roldas como cancións se propoñan. Sortearanse puntos do EDLG entre os que voten.  

Embaixo irán aparecendo todas as elimatorias

 

MUSIGAL 2021

O EDLG organiza un concurso en que premiará a canción preferida pola comunidade educativa do IES David Buján.

Buscamos a banda sonora  do ano 2020. Nunha primeira fase (ata o 21 de maio de 2021) todos e todas podedes propoñer pezas. De entre todas as propostas, seleccionaranse un máximo de 10 para seren votadas na segunda fase (do 22 de maio ata o 2 de xuño).  A gañadora recibirá o premio MUSIGAL 2021

Propón a túa canción enviando ao correo do EDLG (edlg@iesdavidbujan.gal)  Indicando título, intérprete e disco. 

No ano 2020 publicaron disco novo, entre outros:

GUADI GALEGO, Costuras

SÉS, Liberar as arterias

DEQUENVESSENDO, Canto das xacias

LUAR NA LUBRE, Vieiras e vieiros

SUSANA SEIVANE, Dende o meu balcón

XABIER DÍAZ,  As catedrais silenciadas, 

VERTO, Puro ocio

BOYANKA KOSTOVA, Os dous de sempre, ...

Preme para veres as propostas e poderes  votar no seu momento

MUSIGAL 2019

MUSIGAL é un proxecto de dinamización lingüística e cultural  desenvolvido no centro por primeira vez   e que ten por obxectivo divulgarmos a música  galega actual entre a nosa comunidade educativa. O premio tenta crear un premio para aquel grupo ou intérprete  cuxa canción resulte gañadora entre todas as publicadas no ano anterior, neste caso , entre todas as do 2018.

O certame  ten varias fases. Na primeiro, o xurado selecciona as sete mellores cancións en lingua galega publicadas no ano anterior. A continuación, ábrense as votacións virtuais  para toda a comunidade educativa e elíxense os gañadores. Por último, convídanse os artistas que resultaron gañadores para vir actuar ao centro e recibir o premio.

As cancións finalistas nesta edición foron:

- Deixaas de Mercedes Peón

- O baile de Noró de Xabier Díaz &Adufeires de Salitre

- Antón Revolución de Susana Seivane

- Desdibuxar de Guadi Galego

- Terra Mollada de Milladoiro

- Que non mo neguen de Tanxugueiras

- Pólvora e tormenta de Ezetaerre

 

Podes escoitar as canción finalistas e votar AQUÍ

 

Distribuir contido


by Dr. Radut