Skip to main content

Lingua Castelá e Literatura II Bach *

Lingua Castelá e Literatura II
Tipo de materia: Curso: Horas semanais:
Troncal Xeral 3
Descrición da materia:

OBXECTIVOS

A materia ten como obxectivo principal o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado. Este plantexamento abranguerá as seguintes vertentes:

1. Acadar un coñecemento avanzado da lingua castelá mediante o estudo da gramática, a reflexión sobre os usos discursivos e a análise de textos literarios.

2. Coñecer e analizar os principais rasgos formais e temáticos das obras e tendencias máis representativas da literatura castelá do século XX.

 

 

 CONTIDOS

Os contidos parten sempre dos coñecementos previos do alumnado acadados no curso anterior e estrutúranse en catro bloques:

• Comunicación oral e escrita: persegue que o alumnado desenvolva as habilidades necesarias para comunicar con precisión as súas propias ideas e sexa capaz de entender e producir textos de distinto grao de complexidade.

• Coñecemento da lingua: reflexiona sobre os mecanismos lingüísticos que regulan a comunicación e o uso correcto da lingua a nivel léxico, semántico e sintáctico.

• Educación literaria: analiza a produción literaria en castelán do século XX no seu marco histórico e socio-cultural. Así mesmo, esíxese a lectura e estudo crítico dunha obra do século XX de cada xénero e da narrativa hispanoamericana (as fixadas como lecturas obrigatorias para a proba de Lingua castelá da ABAU).

As explicacións da profesora acollerán todos estes aspectos dende unha aproximación teórico-práctica.

Enlaces de interese:

- Currículo de Lingua Castelá e Literatura recollido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño.

ABAU - Proba de Lingua Castelá e Literatura.

Para máis información esta é unha selección de recursos web moi útiles para a materia:

• O portal da RAE ofrece en formato dixital as seguintes publicacións: Diccionario de la Lengua Española, Ortografía, Gramática; ademais de consultas lingüísticas, recursos, ... 

• A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes é un fondo bibliográfico de referencia que ofrece acceso a libros electrónicos en español en dominio público, polo que poden ser reutilizados sen restricións. 

• Portal onde se propoñen actividades centradas na Comprensión lectora.

• Fomento da lectura en Leer.

• [Blog] Fomento da lectura no Centro Nacional de Innovación e Investigación educativa.