Skip to main content

Educación Física Bach *

Educación Física
Tipo de materia: Curso: Horas semanais:
Específica 2
Descrición da materia:

No bacharelato o alumnado utilizará o seu potencial motor á vez que desenvolve todas as súas capacidades. Isto implica mobilizar toda unha serie de coñecementos, habilidades motrices, actitudes e valores en relación co corpo, en diversas situacións de ensino e aprendizaxe, nas que a experiencia individual e colectiva permita adaptar a conduta motriz a diferentes ámbitos, conseguindo que o alumnado sexa un suxeito activo, responsable da xestión do seu estilo de vida saudable.

A Educación Física terá como fin estratéxico introducir o alumnado cara a práctica de actividades físico-deportivas e artístico-expresivas, nas que poida manter un papel de practicante activo ao longo da súa vida, tendo en conta as novas formas de prácticas motrices que xorden na sociedade actual, moitas delas vinculadas ao contorno próximo do alumnado pola motivación intrínseca que representan.

Imagen

Cómpre salientar os xogos e os deportes tradicionais galegos, que supoñen un elemento importante de transmisión do noso patrimonio artístico e cultural, ademais de fomentar as relacións interxeracionais.

Os contidos preséntanse distribuídos en catro grandes bloques:

Bloque 1. Contidos comúns: respecto, prevención de riscos, hixiene persoal, integración, tecnoloxías, hábitos saudables, aseo, traballo en equipo, cooperación.

Bloque 2. Actividades físicas artístico-expresivas.

Bloque 3. Actividade física e saúde.

Bloque 4. Os xogos e as actividades deportivas.

Enlaces de interese: