Skip to main content

Latín II Bach *

Latín II
Tipo de materia: Curso: Horas semanais:
Troncal Xeral 4
Descrición da materia:

A materia de Latín ten como principal finalidade introducir o alumnado no coñecemento dos aspectos esenciais da lingua e da cultura latinas, facendo fincapé ao mesmo tempo no papel que estas desempeñan en tanto que orixe e fundamento das linguas romances e da cultura occidental, o que coñecemos como herdanza clásica.

Continuando cos coñecementos gramaticais do primeiro curso, faise un repaso de toda a morfoloxía e comézase a profundizar na sintaxe, que se ocupa de estudar as estruturas oracionais latinas e os elementos que definen as súas construcións máis características, introducindo progresivamente niveis de maior complexidade, co propósito fundamental da comprensión e a interpretación dos textos.

Existe un bloque específico para a literatura latina, no que un mellor coñecemento da lingua lle permitirá ao alumnado entrar en contacto directo con algúns fragmentos das obras orixinais, afondando deste xeito na comprensión dos textos literarios clásicos latinos para comprender as claves da sociedade en que viron a luz e valorar a influencia que os autores latinos tiveron ao longo dos séculos.

Por último, dedícase un bloque ao estudo do léxico, entendendo que este resulta imprescindible para avanzar no coñecemento de calquera lingua. Dentro deste ámbito préstase especial atención á etimoloxía, non só porque esta serve para pór de manifesto o mantemento das raíces latinas nas linguas modernas, senón ademais porque axuda o alumnado a adquirir unha mellor comprensión da súa propia lingua, axudándolle a precisar o significado de termos coñecidos ou a descubrir o de outros que non utilizara anteriormente, e incorporándoos ao seu vocabulario habitual. Así, dedícase un especial interese á composición e á derivación culta, onde se analizan prefixos, lexemas e sufixos de orixe grega e latina.

Abondando nesta última idea, abórdase o estudo das locucións e as expresións latinas de uso actual (modus operandi, a priori,etc.), non só para coñecer o seu significado, senón tamén para saber empregalas nun contexto adecuado, así como un pequeno corpus de toponimia, que achega os significados dos lugares que máis se repiten na nosa contorna ou que teñen grande importancia pola súa entidade (Outeiro, Compostela, etc.)

ENEAS DESCENDE AOS INFERNOS GUIADO POLA SIBILA

Enlaces de interese:

- Cultura Clásica. Portal grecolatino en español.

- SEECGalicia - Diccionario LATINGAL.

- [Blog] Blog de Fernando Lillo Redonet.

- [Prezi] Dioses Latinos.

- [Blog] Almacén de Clásicas.

- [YouTube] Así era la vida de los gladiadores romanos | Coliseo.