Historia da Filosofia Bach *
Enviado por admin o Xov, 24/01/2019 - 09:08
Historia da Filosofía | ||
Tipo de materia: | Curso: | Horas semanais: |
Troncal de Opción |
2º | 4 |
Descrición da materia: | ||
A materia de Historia da Filosofía consiste nun percorrido xeral sobre os principais momentos ou etapas que conforman a historia do pensamento occidental. Nese sentido, e co obxectivo de enmarcar contextualmente os problemas formulados na materia de Filosofía de 1º, se estudan con certa profundidade a obra de algúns dos teóricos máis influintes da traxectoria filosófica na que se fundamenta a nosa civilización. Dende a Grecia clásica á actualidade, pasando pola Idade Media e a Moderna, nos imos dando conta da conformación e evolución das ideas que definen e determinan o mundo no que vivimos. Por iso, a materia é fulcral para elevar a un nivel superior a comprensión das características que explican o mundo na súa configuración actual. Este percorrido histórico teórico debe ir acompañado ademais dun fundo esforzo reflexivo que o alumno debe realizar dun modo analítico a través da lectura e interpretación dos textos, que debe completarse coa capacidade para producilos con rigor e consistencia teóricas. Nesa medida, a materia axuda a que o alumnado que a cursa complete con éxito a súa evolución competencial a nivel intelectual: comprensivo-hermenéutico e discursivo. |
||
Enlaces de interese: | ||
- APIs de Blogue