Para cursar esta materia , é obrigatorio ter cursada TIC I de 1º de Bacharelato.
O ensino do bloque de tecnoloxías da información e da comunicación terá como obxectivos o desenvolvemento das seguintes capacidades:
- Coñecer e empregar os recursos e posibilidades que as TIC poden ofrecer para unha aprendizaxe ao longo da vida.
- Ser quen de demostrar un pensamento creativo, construíndo coñecemento e desenvolvendo produtos innovadores, empregando as TIC.
- Empregar medios e ámbitos dixitais para comunicarse e traballar en rede, para obter, avaliar e usar información, e para apoiar a aprendizaxe individual e contribuír á aprendizaxe doutros.
- Desenvolver e usar habilidades de pensamento crítico para planificar e conducir unha investigación, administrar proxectos, resolver problemas e tomar decisión informadas usando ferramentas e recursos dixitais apropiados.
- Poñer en práctica condutas éticas e legais e entender os asuntos humanos, culturais e sociais relacionados coa tecnoloxía.
- Acadar un entendemento axeitado dos conceptos, sistemas e funcionamento da tecnoloxía; adquirindo unha formación ética, mediante un exercicio constante de reflexión e práctica democrática ante o uso das TIC.
- Adquirir un coñecemento global e contextualizado, integrando as aprendizaxes, relacionándoas cos contidos curriculares das diversas áreas e materias, asumíndoas de maneira que sexan transferibles e aplicables en diversas situacións e contextos de ensino- aprendizaxe a través das TIC.
- Aprender a convivir, participando activamente nun mundo globalizado, interrelacionado e cambiante.
A pesar da lista anterior de obxectivos, o obxectivo global deste bloque, será ofrecer ferramentas ao alumnado, para poder satisfacer as posibles necesidades futuras, tanto na súa continuación de estudos, como na súa vida cotiá.
Os temas a tratar neste curso serán a optimización da utilización dos do curso anterior máis: Deseño 2d e 3d, diagramas de fluxo, deseño de algoritmos, e razóns lóxicas, técnicas de seguridade, ferramentas e xestión de contidos na web, técnicas de seguridade na rede, contornos de desenvolvemento, e copias de seguridade e particións.
|