O produto vectorial
Enviado por Anónimo o Dom, 17/09/2017 - 13:17
En matemáticas e en física, o produto vectorial ou produto cruzado é unha operación binaria entre dous vectores nun espazo tridimensional. O resultado é un vector perpendicular aos vectores que se multiplican e, polo tanto, normal ao plano que os contén. Debido á súa capacidade para obter un vector perpendicular a outros dous vectores, cuxo sentido varía segundo o ángulo formado entre estes dous vectores, esta operación aplícase con frecuencia para resolver problemas matemáticos, físicos ou de enxeñaría.
Para calcular o produto vectorial (w) entre dous vectores (u e v) tridimesionais, é suficiente desenvolver este determinante (onde i, j e k son os vectores unitarios en coordenadas cartesianas):
Na simulación podes calcular o produto vectorial entre dous vectores A e B introducindo as súas compoñentes.
Move co rato o espazo para ver ben o debuxo.