Alumnado

Datas matrícula e libros curso 2024/25

Xúntanse os seguintes documentos:

  • Datas preferentes e información correspondente á matrícula para o curso 2024/25 (o alumnado que saiba que pasa de curso xa pode presentar a documentación de solicitude de matrícula). 
  • Impresos solicitude matrícula e autorización uso da imaxe.
  • Listaxe de libros de texto curso 2024/25
  • Datos pago seguro escolar (indicar no concepto o nome, DNI e curso do alumno) (o alumnado que se matricula en 1º e 2º ESO non paga seguro escolar)

Matrícula 1º curso ciclos formativos

PAGAMENTO TAXAS TÍTULO CICLO MEDIO, CICLO SUPERIOR E BACHARELATO

Para solicitar o título de ciclo medio, bacharelato ou ciclo superior é preciso facer o pagamento da taxa correspondente. Xúntanse documentos de axuda para realizar o trámite. Para empregar unha titulación como acceso a estudos é preciso ter aboado as taxas.

Solicitude de revisión das cualificacións finais de FORMACIÓN PROFESIONAL

A Orde Ministerial do 28 de agosto de 1995 (BOE do 20 de setembro), no artigo 6º determina que o alumnado ou os seus pais ou titores legais poderán solicitar do profesorado cantas aclaracións consideren precisas acerca das valoracións que se realicen sobre o proceso de aprendizaxe do alumnado, así como sobre as cualificacións ou decisións que se adopten como resultado dese proceso, e que se, despois das oportunas aclaracións, existe desacordo coa cualificación final obtida nunha área ou materia ou

Solicitude de revisión das cualificacións finais de ESO e 1º de bacharelato

A Orde Ministerial do 28 de agosto de 1995 (BOE do 20 de setembro), regula o procedemento para garantir o dereito do alumnado de ESO e bacharelato a que o seu rendemento escolar sexa avaliado conforme a criterios obxectivos no ámbito da xestión do Ministerio de Educación, pero tamén é aplicable con carácter supletorio á nosa Comunidade Autónoma.

Reclamación ás cualificacións de 2º de bacharelato (Curso 20/21)

O procedemento para formular reclamacións ás cualificacións finais de 2º de bacharelato vén establecido pola Orde de 2 de marzo de 2021 (DOG do 11 de marzo de 2021) e desenvolvido pola Circular 2/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

Os prazos para reclamar son os seguintes:

Distribuir contido