Solicitude de revisión das cualificacións finais de ESO e 1º de bacharelato
A Orde Ministerial do 28 de agosto de 1995 (BOE do 20 de setembro), regula o procedemento para garantir o dereito do alumnado de ESO e bacharelato a que o seu rendemento escolar sexa avaliado conforme a criterios obxectivos no ámbito da xestión do Ministerio de Educación, pero tamén é aplicable con carácter supletorio á nosa Comunidade Autónoma.
Entre outros aspectos, no artigo 6º determina que o alumnado ou os seu pais ou titores legais poderán solicitar do profesorado cantas aclaracións consideren precisas acerca das valoracións que se realicen sobre o proceso de aprendizaxe do alumnado, así como sobre as cualificacións ou decisións que se adopten como resultado dese proceso, e que se, despois das oportunas aclaracións, existe desacordo coa cualificación final obtida nunha área ou materia ou coa decisión de promoción ou titulación adoptada, os pais ou titores legais poderán solicitar por escrito a revisión da dita cualificación ou decisión, dentro do prazo de dous días lectivos seguintes a aquel no que se produciu a súa comunicación
Pódese descargar un modelo desa solicitude nos ficheiros adxuntos
Adxunto | Tamaño |
---|---|
solicitude_revision_cualificacions_formulario_b1_eso.odt | 80.18 KB |
solicitude_revision_cualificacions_formulario_b1_eso.pdf | 124.96 KB |