Profesorado
TAREFAS ACADÉMICAS DURANTE O ESTADO DE ALARMA
Os titores e docentes en xeral están a remitir actividades e apuntamentos ao alumnado empregando medios electrónicos, aula virtual do instituto, enderezos electrónicos, etc., a fin de manter dentro do posible a actividade docente e minimizar asi os efectos que a actual situación provocada polo coronavirus poida provocar na aprendizaxe do noso alumnado.
ANEXO V. Xustificación faltas do profesorado dirixido ao director.
Xúntase o modelo Anexo V para xustificación de faltas do profesorado segundo a Orde do 29 de xaneiro de 2016 (DOG do 15/02/2016)
Memoria de final de curso dos departamentos
Os xefes ou xefas do departamento deberán elaborar, a fin de curso, unha memoria na que se avalíe o desenvolvemento da programación didáctica e os resultados obtidos.
Á vista das actas ou informes os departamentos, despois das avaliacións de xuño, recollerán nunha memoria ó menos os seguintes aspectos: