Memoria de final de curso dos departamentos
Os xefes ou xefas do departamento deberán elaborar, a fin de curso, unha memoria na que se avalíe o desenvolvemento da programación didáctica e os resultados obtidos.
Á vista das actas ou informes os departamentos, despois das avaliacións de xuño, recollerán nunha memoria ó menos os seguintes aspectos:
- Modificacións introducidas durante o curso na programación didáctica feita ó principio de curso.
- Motivo/os das modificacións.
- Análise dos resultados das avaliacións dos alumnos en relación cos cursos anteriores. No caso de ensinanzas nas que haxa exames extraordinarios no mes setembro, farase unha análise provisional cos datos da avaliación de xuño, incorporándose como anexo a análise definitiva inmediatamente despois de rematada a avaliación extraordinaria.
- Propostas para a revisión de:
- A programación didáctica para o curso seguinte
- Os proxectos curriculares de etapa.
A memoria redactada polo xefe de departamento será entregada ó xefe de estudios no prazo que estableza a dirección do centro de acordo co calendario previsto para face–la avaliación da programación xeral anual.
No ficheiro adxunto, memoria_fin_de_curso_departamentos.odt, podedes atopar un modelo para cubrir dita memoria. Hai un apartado para cada profesor ou profesora cunha folla de cálculo. Facendo dobre click sobre ela permite facer o cálculo automático do tanto por cento de aprobados, so hai que poñer o número de suspensos e o número de alumnos do grupo, o resto xa o calcula a folla (no caso de que non se vexe algún resultado é debido o ancho da columna da folla de cálculo, para podelo ver correctamente haberá que modificar o ancho desa columna).
Tamén podedes ver un "screencast" sobre todo o procedimento premendo no video adxunto
Adxunto | Tamaño |
---|---|
memoria_fin_de_curso_departamentos.odt | 84.63 KB |